DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e de correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: fábrica de produción de papel satinado.

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada.

Titulares: Papelera de Brandía, S.A.; Lousame Cogeneración, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2006/0348_NAA/IPPC_126.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Expediente: 2023-IPPC-M-114.

Instalación: explotación porcina de produción de leitóns.

Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental da autorización ambiental integrada.

Titular: Taboada Integral, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2008/0071_NAA/IPPC_247.

Localización: O Pazo, Castro, concello de Mesía (A Coruña).

Instalación: factoría de construción e reparación de buques.

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada.

Titulares: Rodman Polyships, S.A.U.

Núm. rexistro AAI: 2007/0207_NAA/IPPC_166.

Concello: Moaña (Pontevedra).

Expediente: 2021-IPPC-M-66.

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba.

Procedemento: transmisión da autorización ambiental integrada.

Antigo titular: María del Carmen Mazaira Bardelás.

Novo titular: Jorge Mazaira, S.C.

Núm. rexistro AAI: 2019-IPPC-I-19-341.

Localización: concello de Rodeiro (Pontevedra) e concello de Chantada (Lugo).

Expediente: 2023-IPPC-M-127.

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba.

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada.

Titular: José Cid y Otros, C.B.

Núm. rexistro AAI: 2006/0198_AIA/IPPC_178.

Localización: Prado Grande, Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense).

Expediente: 2023-IPPC-M-065.

Instalación: fábrica de pensos nº 3 en Caxigal-Bonxe.

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada.

Titular: Coren Agroindustrial, S.A.U.

Nº rexistro AAI: 2007/0073_AIA/IPPC_113.

Localización: Concello de Outeiro de Rei (Lugo).

Expediente: 2023-IPPC-M-72.

Instalación: fábrica de produción de silicio

Procedemento: cambio de denominación social do titular da autorización ambiental integrada.

Antiga denominación social do titular:

Grupo Ferroatlántica, S.A.U.

Nova denominación social do titular: Ferroglobe Spain Metals, S.A.U.

Núm. rexistro AAI: 2005/0223_NAA/IPPC_104.

Localización: concello de Arteixo (A Coruña).

Expediente: 2023-IPPC-M-121

Estas resolucións poderán consultarse en:

https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático