DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13640

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de servizos xerais, grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo) para cubrir trinta e sete prazas da categoría profesional de técnico/a de servizos xerais, grupo III, pola quenda de promoción interna, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de servizos xerais as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán os seus contratos ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, que comezará a computarse o día 15 de marzo de 2024.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

1

***3756**

Casado Martíns, Carlos

2

***7453**

Fidalgo Gregorio, Raquel

3

***6512**

Mato Gómez, Fernando

4

***6288**

Trillo Sendón, Carmen

5

***8919**

Proupín Castiñeiras, Andrés

6

***4650**

Brenlla Blanco, Gonzalo

7

***9529**

Iglesias Sanjuás, José Antonio

8

***8132**

Priegue Araújo, Saulo

9

***6087**

Figueras Lamas, César Darío

10

***6917**

Esturao Ponte, Xosé

11

***4507**

Lema Casal, Alejandro

12

***6438**

Rey Rubiños, Juan Carlos

13

***5345**

Prado Jacob, José Manuel

14

***6839**

Pinaque Parrado, Celia

15

***1238**

Blanco Montero, Xosé Ramón

16

***6262**

Castro Vázquez, José Ángel

17

***5003**

Quintás Tirado, Antonio Eduardo

18

***4737**

Olveira Gallardo, Eduardo

19

***4578**

Díaz Pérez, José Ángel

20

***5966**

Salgado González, Elisa

21

***7660**

Mazuelas Alonso, Ignacio

22

***7167**

Carbón González, María Fátima

23

***6346**

Cepeda Lueiro, Ana María

24

***6312**

Sevilla García, Juan José

25

***6407**

González Gómez, Antonio Manuel

26

***4438**

Santiago González, Francisco

27

***9260**

González Pastoriza, María Teresa

28

***7417**

Brandariz Fidalgo, Carmen

29

***7547**

Balsa Estévez, María Carmen

30

***1971**

Barral Camba, José Luis

31

***7118**

López Filloy, María Celina

32

***7878**

Golán García, Ana María Aurora

33

***5564**

Rey López, Javier

34

***0218**

Tacón Fernández, Enrique

35

***6881**

Blanco López, Manuel

36

***9009**

Torres Ferreiro, María del Carmen

37

***6945**

Carreira Leis, Gabriel