DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2024 pola que se notifica o acordo de Iniciación de procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento 4-Novo do porto de Rianxo (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos herdeiros de Ramón Arcos Ordóñez ou a calquera outra persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses sobre o departamento 4-Novo do porto de Rianxo (A Coruña), Acordo de iniciación de procedemento de desafiuzamento administrativo por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por atoparse extinguida a autorización de ocupación, e non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

O presente acto administrativo emíteo o presidente da entidade pública Portos de Galicia en aplicación do artigo 229 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días naturais contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o cal poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se xulguen pertinentes.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o ser réxime de abstención e recusación o previsto nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

A competencia para resolver o presente procedemento, de acordo co previsto no artigo 148.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (en diante, LPG), corresponde á Presidencia da EPE Portos de Galicia.

A resolución que se emita no procedemento será inmediatamente executiva e, de ser preciso o desafiuzamento, será executado co auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Para ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área central, Praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia