DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de modificación do punto primeiro do Acordo do 2 de maio de 2023 de aprobación definitiva do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo de núcleo rural de Fonte Alta, Bueu (Pontevedra), e aprobación definitiva do estudo de detalle segundo a documentación do 8 de novembro de 2023 (RE número 2023-RE-E-3626) (expediente 2452/2022).

O Pleno da Corporación Municipal en sesión do 15.1.2024 adoptou o seguinte Acordo de modificación do punto primeiro do Acordo do 2.5.2023 de aprobación definitiva do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo de núcleo rural de Fonte Alta, Bueu, e aprobación definitiva do estudo de detalle segundo a documentación do 8.11.2023 (RE núm. 2023-RE-E-3626). Atópanse dentro do ámbito as parcelas de referencias catastrais: 36004A052005460001WI, 36004A052003650001WW, 36004A052003650000QQ, 36004A052003660001WA e 36004A052007220001WG:

«1. Modificar o punto primeiro do Acordo do 2.5.2023 de aprobación definitiva do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo de núcleo rural de Fonte Alta, na parroquia de Cela, promovido de oficio, segundo a documentación presentada pola Oficina de Planeamiento, S.A. (CIF A15030422), mediante escrito do 30.11.2022 (RE núm. 2022-E-RE-3890), por conter a dita documentación un erro formal e non adaptarse na súa integridade ás NNTTPP e, en consecuencia, aprobar definitivamente o estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo de núcleo rural de Fonte Alta, na Parroquia de Cela, promovido de oficio, segundo a documentación corrixida e adaptada ás NNTTPP, presentada pola Oficina de Planeamiento, S.A. (CIF A15030422), mediante escrito do 8.11.2023 (RE núm. 2023-RE-E-3626).

2. Notificar o presente acordo aos interesados, así como proceder á súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 82 da Lei 2/2016 e 199 do Decreto 143/2016. Deberase realizar á inscrición do instrumento no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 208 e seguintes do Decreto 143/2016, e ao que dispoña para ese efecto a lexislación vixente en materia de réxime local. A solicitude de inscrición do instrumento no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia levarase a cabo mediante o correspondente modelo normalizado establecido pola Orde do 10 de marzo de 2017 pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición, modificación e certificación de datos no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, previstas no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido nos artigos 82 da Lei 2/2016 e 199 do Decreto 143/2016e de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Para estes efectos, o documento estudo de detalle en Fonte Alta, Cela, Bueu (Pontevedra) estará dispoñible na páxina web do Concello de Bueu (https://concellodebueu.gal/), así como no Portal de transparencia da súa sede electrónica (bueu.sedeelectronica.gal).

Bueu, 18 de xaneiro de 2024

Félix Juncal Novas
Alcalde