DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2024 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-27-24-11 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles ao denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, e concretarán os medios de que se pretendan valer e citarán o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación do presente acordo para identificarse, no caso de que non fosen vostedes os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, e indicarán o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Vostedes responderán persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2024

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-27-24-11

9827-BSK

Garga Civil

77004388C

Estacionamento prohibido.

26.9.2023

9.55 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-17

0428-FKP

PAFIF

33168507T

Estacionamento prohibido.

30.9.2023

23.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de Portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-24-01

4884-JWT

Gargapeiraos

35292493M

Estacionamento prohibido.

18.10.2023

11.40 horas

As Corbaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €