DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Lousame (expediente IN407A 2023/424-1).

Expediente: IN407A 2023/424-1

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio 9R7LJ73T//17-26 na LMT TA2-801 e instalación de RC.

Concello: Lousame.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña TA2-801 autorizado no expediente 50.985, de 236 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio nº 17-25 (matrícula 9R578HGL) de formigón tipo HV-250/13-Bóveda-CS e o apoio nº 17-27 (matrícula 9R9K5KN3), de formigón tipo metálico de celosía, consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van de 105 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 17-25 anterior e o apoio nº 17-26 (matrícula 9R7LJ73T) metálico tipo CH-630/13-CR1-CA.

– Substitución do antedito apoio nº 17-26 (matrícula 9R7LJ73T) polo novo apoio metálico tipo celosía C-1000/14-H35-CA, no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasará a ter a condición de frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van da liña TA2-801 de 105 metros de lonxitude, que conformarán o apoio nº 17-26 unha vez substituído e o apoio nº 17-27 existente.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña TA2-801 de 131 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 17-25 existente e o novo apoio nº 17-26 proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/424-1. Substitución do apoio 9R7LJ73T//17-26 na LMT TA2-801 e instalación de RC.

Concello de Lousame.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

CMVMC Vilacova

(Comunidade de Montes de Abaixo e de Arriba)

15043A045000200000XM

Costa de Aguieira

Novo apoio

nº 17-26 (RC)

1,44

Rústico, agrario