DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2023/426-1).

Expediente: IN407A 2023/426-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA POT-806, substitución de apoios 35-2 e 35-3.

Concello: Cee.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña POT-806 autorizado no expediente 33.975 denominado Derivada a CT Vilanova (matrícula: 15XA15), de 420,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio nº 35 (matrícula 97ST0S6V), de formigón tipo AL-HVH-400/11-Bóveda-CA, e o apoio nº 35-4-CT (matrícula 982U5DX0), de formigón tipo FL-HVH-1600/13-CR-CA, en que está instalado o dito CT Vilanova. As modificacións consisten en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito de 98 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 35-2 (matrícula 97W89045), de formigón tipo AL-HV-630/13-Bóveda-CS, e o apoio nº 35-3 (matrícula 9803TLGO), de formigón tipo AL-HV-250/12-CR-CA.

– Substitución dos apoios nº 35-2 e nº 35-3 por novos apoios metálicos de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS), que terán a condición de apoios frecuentados.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no treito de 98 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 35-2 e o apoio nº 35-3, unha vez substituídos.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña POT-806 de 136,1 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 35-1 existente e o novo apoio nº 35-2 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña POT-806, de 144,3 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 35-3 proxectado e o apoio nº 35-4-CT existente.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/426-1. Regulamentación LMTA POT-806, substitución de apoios 35-2 e 35-3.

Concello: Cee.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios

Natureza do terreo

CT/nº de apoio

Superficie (m2)

1

María de los Ángeles Santamaría Rodríguez

15023C503006510000XW

Saltadoiro de Abaixo

Novo apoio

nº 35-2

2

Rústico

2

María de los Ángeles Santamaría Rodríguez

15023C503006480000XW

Saltadoiro de Abaixo

Novo apoio

nº 35-3

2

Rústico