DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2024, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de varios expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-05055-O-2023 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-05055-O-2023 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2024

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-05055-O-2023

1808-DDK

71654863L

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

18.7.2023; 16.05.00; N-550; 36,365

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-05058-O-2023

8917-MFZ

35472813M

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

3.7.2023; 19.30.00; AG-11; 24,3

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-05074-O-2023

4550-MHK

47361129N

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

18.9.2023; 17.00.00; N-550; 41,143

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-05077-O-2023

6457-GFJ

X4374611B

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

19.6.2023; 11.00.00; AC-414; 3,6

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros