DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2023/425-1).

Expediente: IN407A 2023/425-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: renovación de instalacións pola finalización da súa vida útil, apoio número AKFSW2WS//15C485-9 (LAMT SAD7-13 Vilar 13).

Concello: Sada.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña SAD-713 autorizado no expediente 50.697, denominado derivada a CT Vilar (matrícula 15A480), de 493,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o seu apoio número 15C485-8 (matrícula AKHW14WO) metálico de celosía tipo A-AL-C-CR-6xCA(CS)-CR-3xCA e o seu apoio número 15C485-12 (matrícula AK9DNCIL) metálico de celosía tipo A-AG-C-CR-6xCA(CS), consistente en:

– Substitución do apoio nº 15C485-9 (matrícula AKFSW2WS) de formigón polo novo apoio metálico tipo celosía A-AL-C-1000/12-H35-6xCA(CS).

– Regulación do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito da liña SAD-713 de 493,4 metros de lonxitude, comprendido entre os apoios nº 15C485-8 e nº 15C485-12 existentes, unha vez substituído o apoio nº 15C485-9.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/425-1. Renovación de instalacións pola finalización da súa vida útil, apoio nº AKFSW2WS//15C485-9 (LAMT SAD7-13 Vilar 13).

Concello de Sada.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de pleno dominio (CT

e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

Herdeiros de María Sagrado Pazos

(María Elena García Pazos)

15076A014001560000EO

Vilar

Novo apoio

nº 15C485-9

2

Prados ou pradarías de regadío