DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

EDICTO de execución subsidiaria para o cumprimento de xestión da biomasa forestal por incumprimento dos obrigados.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante o Decreto 2023/2504, do 19 de decembro de 2023, de inicio de execución subsidiaria, resolveuse o que segue:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da xestión da biomasa, contra os titulares catastrais da parcela 27067A019008410000XR situada no polígono 19, parcela 841, no lugar de Tras do Río, Escourido, na parroquia de Covas.

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, considérase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Nº de expediente

Referencia catastral

Data notificación/publicación

Situación

Superficie m2

Liquidación provisional dos traballos

Persoa responsable

5214/2023

27067A019008410000XR

BOE núm. 220, do 14.9.2023

DOG núm. 187, do 2.10.2023

Polígono 19, parcela 841

Tras do Río, Escourido, Covas, Viveiro (Lugo)

84

11,17 euros

En investigación

Terceiro. Serve o presente como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo o decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de roza.

Cuarto. Os titulares están obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a execución subsidiaria supoña para esta Administración.

Quinto. Ordenar a publicación de anuncio da presente resolución no BOE e no DOG, polo que respecta aos titulares obrigados, que substituirá ás notificacións persoais, por ser descoñecidas as persoas titulares.

O que se publica para coñecemento dos obrigados (en ausencia de titularidade), en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselles saber que:

Concédese un prazo de quince (15) días, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, para que os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e/ou presenten as alegacións que consideren oportunas.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende ás cantidades que se identifican en cada caso, requíreselles o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Viveiro en Caixabank co número ES79-2100-4330-62-0200001100, nos seguintes prazos:

– Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

– Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o ultimo día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de falta de pagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Viveiro, 20 de decembro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa