DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12208

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Bembrive-Xestoso

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Francisco José Sanisidro Vilaso, con DNI ***2922** e actuando como presidente da Comunidade de Augas de Bembrive-Xestoso, mediante este anuncio convoco para o vindeiro día 3 de marzo de 2024, na Asociación Veciñal Xestas (Vigo), ás 11.30 horas en primeira convocatoria e ás 12.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e para a aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, de proceder, da acta anterior.

2. Informe do presidente.

3. Informe de contas de 2023.

4. Autorización á Xunta Directiva para solicitude de subvencións.

5. Nova Xunta Directiva.

6. Suxestións e preguntas.

Vigo, 5 de febreiro de 2024

Francisco José Sanisidro Vilaso
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas Bembrive-Xestoso