DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2024 polo que se dá publicidade ao Acordo do Pleno do 27 de novembro de 2023 polo que se aproba definitivamente o estudo de detalle para o axuste de aliñacións no ámbito do Plan especial de reforma interior do PEI 15 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 8773/2022).

A Corporación Municipal en Pleno do Concello de Sanxenxo, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de novembro de 2023, acordou, por maioría absoluta dos membros de dereito da Corporación presentes, aprobar definitivamente o estudo de detalle para o axuste de aliñacións no ámbito do Plan especial de reforma interior do PEI 15 do Plan xeral de ordenación municipal.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal/board/).

Contra o presente acordo, en acación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que puidese cosiderar máis conveniente a dereito.

Sanxenxo, 3 de xaneiro de 2024

María Deza Martínez
Alcaldesa presidenta accidental