DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12202

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

EDICTO de notificación de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies árboreas.

Expediente: 619/2023.

Asunto: procedemento de execución subsidiaria: xestión da biomasa e retirada de especies árboreas : polígono 137, parcela 21.

Decreto da Alcaldía.

Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria da xestión de biomasa e/ou de retirada de especies árboreas na parcela catastral 21, do polígono 137, do catastro de rústica deste municipio, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.

Ao considerar que o 28 de novembro de 2023 se notificou ao titular catastral da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e desbroce, todo iso de conformidade co disposto no artigo da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

Ao considerar que, transcorrido o prazo, no día de hoxe segue a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies árboreas.

Ao considerar que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e cuxos custos se repercutirán ás persoas responsables.

Ao considerar que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Pola presente, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a execución subsidiaria por parte deste concello de Begonte da xestión da biomasa e/ou retirada de especies árboreas da parcela 21, do polígono 137, do catastro de rústica deste municipio, cuxo titular catastral é hrdos. de María Amandina Núñez Ferro, por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.

Segundo. Encomendar os traballos de execución subsidiaria, dada a carencia de medios municipais propios, á empresa Lavado Engrase O Galego, con CIF B27174192, e as persoas responsables deberán facilitar os necesarios accesos e sen que se requira autorización ningunha ao respecto.

Terceiro. As especies árboreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será a súa enaxenación nos termos previstos na dita Lei 3/2007, e os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.

Cuarto. Practicar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies árboreas retiradas.

Quinto. Notificar a presente resolución aos interesados, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.

Recursos: contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de 2 meses contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poida simultanear ambos os dous.

Se interpoñen o recurso de reposición potestativo, non se poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a súa resolución expresa ou ata a súa desestimación por silencio; de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Begonte, 22 de xaneiro de 2024

José Ulla Rocha
Alcalde