DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica da liña e posición de transformación de alta tensión de evacuación a 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba, promovida por Engasa Lagoa, S.L. e Viruleiros, S.L. (expediente IN408A 2019/008).

Expediente: IN408A 2019/008.

Solicitante: Engasa Lagoa, S.L. e Viruleiros, S.L.

Proxecto: liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B.

Concellos: Zas e Santa Comba (A Coruña).

Feitos:

1. O 11.2.2019, Engasa Lagoa, S.L. solicitou o documento de alcance do estudo de impacto ambiental para o proxecto da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación dos PE Lagoa I e II, con orixe na SET, do parque eólico de Lagoa II e fin no denominado nó B, por confluír coa liña de alta tensión 66 kV dos parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/200 kV. A liña discorre polos concellos de Zas e Santa Comba na provincia da Coruña. Coa solicitude achegou o documento de inicio do proxecto.

2. O 6.3.2019, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) enviou ao órgano ambiental o documento de inicio do proxecto para que en cumprimento dos artigos 33 e 34 da Lei 8/2009, emitira o documento de alcance do estudo de impacto ambiental.

3. En resposta á solicitude, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 28.6.2019 solicitou modificacións o documento de inicio, o cal foi transmitido por esta dirección xeral ao promotor. O promotor contestou remitindo o 25.9.2019 o documento de inicio do proxecto corrixido, o cal foi comunicado á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 16.10.2019.

4. O 28.2.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o documento de alcance do estudo de impacto ambiental, indicando que o proxecto se somete a avaliación ambiental ordinaria. Indica o contido mínimo do EIA, que deberá realizar o promotor, e da súa amplitude e detalles. Os órganos os que, como mínimo, debe solicitar informe o órgano substantivo son: a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, o Instituto de Estudos do Territorio, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Augas de Galicia, os concellos afectados e as persoas interesadas.

5. O 22.5.2020, Engasa Lagoa, S.L. (en diante, promotor) solicitou a autorización da LAT evacuación 66 kV dos PE Lagoa I e II-nó B, achegando xunto coa solicitude a documentación técnica consistente en: EIA, proxecto de execución, proxecto sectorial, RBDA, separatas para: Augas de Galicia, Unión Fenosa Distribución, S.A., Telefónica, S.A, Concello de Zas e Concello de Santa Comba.

6. Unha vez revisada a documentación pola DXPERN, requiriuse o pagamento da taxa administrativa, código 32.18.00, de acordo co artigo 33.3 da Lei 8/2009, que o promotor xustificou, achegando copia da carta de pagamento.

7. O 1.6.2020, a DXPERN solicitou os informes recollidos nos artigos 33.4 e 33.5 ao órgano ambiental e ao órgano competente en materia do territorio.

En resposta á solicitude de informe, o 17.6.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático indicou que os organismos aos que se debía consultar eran os indicados no documento de alcance do estudo de impacto ambiental.

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en resposta á solicitude de informe, emitiu o 24.7.2020 o informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009, onde se recollen os organismos que hai que consultar en función das afeccións derivadas da normativa sectorial de aplicación.

8. O 21.9.2020, e con motivo dunha revisión do proxecto, o promotor remitiu novos proxecto de execución, proxecto sectorial, RBDA, EIA e separatas para: Augas de Galicia, UFD Distribución Electricidad, S.A., Telefónica, S.A., Concello de Zas e Concello de Santa Comba, nos que inclúe unha posición de transformación de alta tensión.

9. O 2.11.2020 tivo entrada nesta xefatura territorial a remisión, por parte da DXPERN de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a documentación correspondente ao devandito proxecto para os efectos de continuar coa tramitación da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación dos PE Lagoa I e II, consistente en:

– Solicitude documento de alcance, que inclúa documento inicial do proxecto do 11.2.2019.

– Solicitude de información e de emenda do documento de inicio da DXCACC do 28.6.2019.

– Solicitude e documento de inicio corrixidos do 25.9.2019.

– Documento de alcance do estudo de impacto ambiental do 28.2.2020.

– Contestacións a consultas sobre o alcance do estudo de impacto ambiental de Emerxencias e Interior, Augas de Galicia, Saúde publica, Instituto de Estudos do Territorio, Patrimonio Cultural, Patrimonio Natural e dun particular.

– Solicitude de autorización da LAT con data do 22.5.2020.

– Estudo de impacto ambiental con data do 22.5.2020.

– Proxecto de execución con data de visado do 22.5.2020.

– Proxecto sectorial con data de visado do 22.5.2020.

– Separatas con data de visado do 22.5.2020.

– Relación de bens e dereitos afectados con data do 22.5.2020.

– Taxa de autorización administrativa da LAT.

– Informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo con data do 24.7.2020.

– Solicitude de autorización da LAT que inclúa subestación transformadora con data do 21.9.2020.

– Estudo de impacto ambiental inclúa subestación transformadora con data do 21.9.2020.

– Proxecto de execución da líña e posición de transformación de alta tensión de evacuación 66 kV Lagoa I e Lagoa II-nó B, asinado en xullo de 2020 por Sergio Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico industrial e visado o 10.9.2020.

– Proxecto sectorial que inclúa posición de transformación AT visado o 10.9.2020.

– Separatas incluíndo posición de transformación AT.

– Relación de bens e dereitos afectados que inclúan a posición de transformación AT.

– Taxa de autorización administrativa da ampliación da LAT.

10. O 30.3.2021, o promotor presentou nesta xefatura territorial os planos individuais dos bens e dereitos dos predios afectados polo proxecto.

11. O 8.6.2021, o promotor presentou o documento denominado «liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B» (provincia da Coruña) aclaración ao proxecto», asinado electronicamente o 7.6.2021.

12. O 21.6.2021, esta xefatura territorial ditou un acordo polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto da liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña), (expediente IN408A 2019/08), sometendo a información pública a seguinte documentación:

• Proxecto de execución, que inclúe a subestación transformadora (xullo 2020-visado 10.9.2020).

– Aclaración ao proxecto (asinada o 7.6.2021).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) que inclúe a subestación transformadora (setembro 2020-asinado 18.9.2020).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA), que inclúe a subestación transformadora (abril 2020-visado 10.9.2020).

• A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA) (abril 2020), que figura no anexo deste acordo.

– Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

O acordo publicouse o 1.7.2021 no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 124, e no xornal El Correo Gallego. Tamén se expuxo no taboleiro de anuncios do Concello de Santa Comba, segundo o certificado emitido o 17.8.2022; no taboleiro de anuncios do Concello de Zas, segundo o certificado emitido o 10.11.20212; no taboleiro de anuncios das dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, segundo o certificado emitido o 25.8.20211; no taboleiro de anuncios das dependencias desta xefatura territorial, segundo certificado emitido o 4.11.2021, así como no portal web desta consellería, onde puido accederse á documentación do proxecto.

13. Durante o período de información pública, recibíronse un total de 20 escritos de alegacións, que na seu maior parte se refiren tamén ao expediente IN661A 2009/02, que conta con autorización administrativa previa e de construción con data do 14.3.2022. A seguir, resúmese o contido das alegacións presentadas, recollidas no anexo desta resolución, soamente no que respecta ao expediente ao que afecta esta resolución:

a) Que o estudo de impacto ambiental avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre hábitats de conservación prioritaria, hábitats de interese comunitario e a paisaxe desde os miradoiros naturais máis coñecidos.

b) Deficiencia do inventario ambiental do proxecto do parque eólico e do proxecto da liña de evacuación.

c) Que o EIA avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre todas as especies incluídas no anexo I da Directiva de aves, na Directiva 92/43/CEE, nos catálogos español (Real decreto 139/2011) e galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007). Ademais, no caso de especies catalogadas como vulnerables ou en perigo de extinción, o EIA debería adaptar o trazado dos accesos e o lugar dos apoios do tendido para evitar afeccións á flora e á fauna, así como avaliar alternativas e medidas correctoras para minimizar a mortalidade de aves e morcegos por impacto ou electrocución.

d) Fragmentación do proxecto industrial eólico en varios proxectos independentes. División artificiosa. Fraude de lei.

e) Fragmentación de hábitats e perda de biodiversidade. Ausencia de avaliación dos impactos acumulados con outras infraestruturas da contorna.

f) Que o EIA avalíe os impactos acumulativos e sinérxicos coas outras liñas de evacuación ou distribución (autorizadas ou proxectadas), así como das restantes infraestruturas asociadas, nun raio de 10-15 km.

g) Impactos ambientais severos: paisaxísticos, ecolóxicos e ecosistémicos.

h) Vulneración da Directiva 92/43/CEE, conservación de hábitats naturais, fauna e flora silvestres.

i) Prevalencia da protección ambiental da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade

j) Prexuízos significativos para hábitats de interese prioritario.

k) Afección á fauna e flora.

l) Incumprimento normativo en relación á protección do lobo.

m) Prexuízos significativos e incompatibles coa avifauna.

n) Danos previsibles e impactos significativos para a vexetación autóctona e vexetación de ribeira.

ñ) Infórmase de que hai un estudo sobre a presenza de morcegos de gran valor biolóxico nestes lugares.

o) Afección severa sobre diferentes recursos hídricos: ríos, masas de augas soterradas, acuíferos e captacións de auga para consumo humano, así como humidais, charcas e brañas.

p) Vulneración da Directiva marco da auga coa ausencia dun estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico que garanta a calidade das masas de auga superficiais e soterradas e a non afección aos acuíferos.

q) Considérase fundamental a conservación de humidais.

r) A liña eléctrica cruza un total de 7 cursos de auga. O río de Cícere e o río García quedarán afectados.

s) Afección severa ás zonas protexidas de auga potable (ZPAP) e captacións de auga veciñais para consumo humano e as explotacións agro-gandeiras da poligonal do parque.

t) Afección paisaxística severa e incremento do feismo paisaxístico.

u) Patrimonio cultural inmaterial sen avaliar.

v) Incompatibilidade do proxecto cos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos e a falla de licenza social. Afección severa e irreversible ao benestar das familias que viven, residen e traballan nos núcleos rurais afectados.

w) Estase a vulnerar a diversa normativa relativa ao acceso á información e participación pública nas decisións.

x) Vulnerase a Lei 7/2012, do 28 xuño, de montes, coa eliminación da multifuncionalidade do monte.

y) Afección severa e prexuízos serios e irreparables para as explotacións forestais, madereiras e agrogandeiras da área de afección do proxecto.

z) Núcleos de poboación situados nun raio de 1.000 m das estruturas do parque eólico (aeroxeradores), pero que fican dentro da poligonal do parque e, por tanto, dentro da superficie afectada por este.

aa) A instalación prevese situar nun lugar ocupado por terreos catalogados como agrarios/forestais e solo de protección agropecuaria.

ab) A área afectada polo proxecto sufriu incendios no pasado, feito non avaliado pola mercantil promotora, polo que a recualificación urbanística que pretende a promotora non é posible.

ac) Falla de avaliación da relevancia do sector forestal segundo a Lei 7/2012, do 28 de xuño.

ad) Os terreos afectados poden considerarse como lugar de esparecemento e de monte para aproveitamento sustentable.

ae) O proxecto afecta terras de produción vencelladas á PAC.

af) Os propietarios dos terreos afectados teñen o dereito de ter esas propiedades cos cultivos ou barbeito que consideren oportuno.

ag) Non poderá haber plantacións e o aproveitamento estará limitado para outras prácticas agrarias durante a vixencia do parque.

ah) A compensación aos propietarios non xustifica todo o dano ambiental de benestar e salubridade dos vicios polos riscos de contaminación sonora, lumínica, electromagnética e dun potencial moi perigoso en canto á atracción de raios sobre as vivendas.

ai) O parque xera un prexuízo directo aos propietarios; unha usurpación e obrigas impostas dunha parte beneficiaria á custa da perda de valor dos bens.

aj) Galicia é excedentaria en produción de enerxía eléctrica e a capacidade de acollida en Galicia de proxectos desta natureza xa está saturada.

14. As alegacións recibidas foron remitidas ao promotor, que contestou en defensa dos seus intereses.

15. O 2.7.2021, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a xefatura territorial iniciou simultaneamente o trámite de consultas para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución da referida liña de evacuación aos seguintes organismos e empresas de servizo público afectados polo proxecto: Augas de Galicia, Concello de Santa Comba, Concello de Zas, Telefónica de España, S.A., Unión Fenosa Distribución, S.A.

Dentro do prazo establecido non se recibiron os condicionados do Concello de Zas, polo que se entende a súa conformidade co proxecto e se continúa a tramitación do procedemento.

16. Ao mesmo tempo, solicitáronse os informes sobre o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico aos seguintes organismos: concellos de Santa Comba e Zas, Augas de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Pública, Sección de Minas desta xefatura territorial, Deputación Provincial da Coruña, Subdelegación do Goberno en Galicia, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual.

Na data de elaboración desta proposta non se recibiron os informes do Concello de Zas, a Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual e a Dirección Xeral de Saúde Pública.

17. Así mesmo, efectuáronse as consultas aos interesados no procedemento segundo o artigo 5 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental as seguintes entidades: Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural e Sociedade Galega de Ornitoloxía.

18. O 2.7.2021 iniciouse o trámite de consultas de dereitos mineiros concorrentes no espazo territorial proxectado para a instalación as infraestruturas do proxecto referido. O 15.7.2021 a Sección de Minas da Xefatura Territorial da Coruña informou de que a devandita liña se atopa afectada polos seguintes dereitos mineiros:

– Livia, núm. 7092, sección C, permiso de investigación, titular: grupo M-FM 2001, S.L., solicitado.

– Isabel, núm. 7150 sección C, permiso de investigación, titular: Mineira de Corcoesto, S.L., solicitado.

– Piñor, núm. 7151, sección C, permiso de investigación, titular: Minas de Bandeira, S.A., solicitado.

– Froxán, núm. 7154, sección C, permiso de investigación, titular: Froxán Minera, S.L., solicitado.

– Monte Redondo, núm. 7165 sección C, permiso de investigación, titular: Canteras Fernández, S.L., solicitado.

19. O 2.7.2021, iniciouse o tramite de consultas de aproveitamentos de masas forestais, concorrentes no espazo territorial proxectado para a instalación das infraestruturas do proxecto referido. O 15.9.2021 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal achegou un informe emitido o 30.8.2021 polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña, no que informou que, de acordo cos datos do servizo e co informe emitido polo distrito forestal V, esta obra non afecta montes catalogados, montes patrimoniais nin montes veciñais en man común. Por outra banda, non afecta infraestruturas de xestión forestal, agás a pistas forestais; non afecta ningún expediente de subvención con traballos sen realizar ou pendentes de aprobación ou pagamento e non consta que afecte montes con certificación forestal de sostibilidade ou con instrumentos de xestión aprobados; nin masas arboradas de frondosas autóctonas.

20. Os informes recibidos foron remitidos ao promotor para a aceptación dos condicionados impostos ou para a presentación dos seus reparos.

21. O 17.6.2022, como resposta ao requirimento desta xefatura territorial do 9.6.2022, o promotor presentou os documentos definitivos aos que se refire o artigo 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e que de seguido se relacionan:

• Proxecto liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B (xullo 2022-visado núm. V220244, do 17.6.2022).

• Proxecto sectorial liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV lagoa I e II-nó B (abril 2020-visado núm. V200320-S1, de 10.9.2020).

• Estudo de impacto ambiental liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV lagoa I e II-nó B (setembro 2021-asinado o 18.9.2020).

• Estudo de impacto e integración paisaxística liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B (setembro 2021).

• Addenda ao estudo de sinerxias do parque eólico Lagoa II modificado e as súas infraestruturas de evacuación nos termos municipais de Santa Comba e Zas (A Coruña) (xullo 2021-asinado o 28.7.2020).

• Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública (DUP) coa relación de bens e dereitos afectados (RBDA) do proxecto da liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV lagoa I e II-nó B (abril 2020-asinado o 17.6.2022).

22. O 29.6.2022, os servizos técnicos desta xefatura territorial emitiron o informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas a que se refire o artigo 33.16 da citada Lei 8/2009.

23. O 5.7.2022, esta xefatura territorial, logo de rematada a instrución do expediente e de acordo co artigo 33.16 da Lei 8/2009, deu traslado á DXPERN da documentación completa do expediente e xunto co informe sobre instalación eléctricas e industriais de data 29.6.2022, previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, e dun resumo da tramitación realizado do 4.7.2022, da Liña e posición de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, para os efectos de continuar coa súa tramitación.

24. Conforme o exixido no artigo 33.17 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a valoración positiva ambiental exixible ao proxecto é requisito indispensable para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción. De acordo co anterior, e en cumprimento do disposto no artigo 39 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, na data do 2.8.2022 a Dirección Xeral de Política Enerxética e Recursos Naturais deu traslado á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da documentación correspondente a este expediente, para os efectos de tramitar a declaración de impacto ambiental (DXCASCC).

O 15.2.2023, a DXPERN contestou a solicitude de emenda da DXCASCC con data do 14.2.2023.

25. O 27.3.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto LAT 66 kV evacuación PE Lagoa I e II nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña), promovido por Engasa Lagoa SL, para os efectos que correspondan no marco do procedemento de autorización administrativa da referida instalación obxecto de este asunto. Así mesmo, o órgano ambiental remitiu un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural recibido nese órgano ambiental para a súa incorporación ao expediente para os efectos que correspondesen.

26. O 2.5.2023 e conforme o artigo 40 Proxecto sectorial, da Lei 8/2009, desde a Dirección Xeral de Política Enerxética e Recursos Naturais solicitouse á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o informe sobre o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, a que se fai referencia o devandito artigo e remitíndolle a documentación correspondente.

27. O 10.5.2023, o promotor achegou á DXPERN solicitude de trámites independentes, solicitando que se continuase coa tramitación do procedemento ata a resolución sobre o a autorización administrativa previa e autorización de construción e declaración de utilidade pública, sen prexuízo de continuar, en paralelo coa tramitación do procedemento previsto para a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

28. O 22.5.2023, a DXPERN, para os efectos de continuar coa tramitación do referido expediente, conforme o exixido no artigo 33.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e conforme o Decreto 9/2017, que establece os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, deunos traslado a esta xefatura territorial da documentación que conforma o expediente.

29. O 7.8.2023, Engasa Lagoa, S.L. e Viruleiros, S.L. solicitaron que se continúe coa tramitación administrativa correspondente para a obtención da autorización administrativa previa e de construción, aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto das instalacións e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B e se outorguen as referidas autorizacións administrativas a Engasa Lagoa, S.L. e unha vez que o parque eólico Lagoa I, tramitado por Viruleiros, S.L., obteña as correspondentes autorizacións administrativas, ambos os promotores solicitarán a transmisión ao seu favor de acordo coas porcentaxes indicadas nos acordos de tramitación subscritos que acompañan a solicitude.

30. O 17.11.2022, o Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial emitiu unha proposta de resolución sobre a solicitude de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, da instalación de evacuación de produción de enerxía eólica.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4.7.2022), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25.5.2023), consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23.6.2023).

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) A Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e el Fondo de Compensación Ambiental.

c) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

d) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

e) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

f) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

g) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características básicas do proxecto son:

Solicitante:

Engasa Lagoa, S.L. e Viruleiros, S.L.

Enderezo:

Rúa Xosé Pasín, 7, baixo, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña)

Rúa Fernando Casas Novoa, 35, porta B, 2º andar, 15705 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Denominación do proxecto:

Liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B

Núm. expediente:

IN408A 2019/08

Concellos afectados:

Zas e Santa Comba

Orzamento total:

2.053.088,66 € de execución material

Prazo de execución:

Seis meses

4. O obxecto da instalación proxectada atende a consideración de instalación de conexión de central de xeración (artigo 30 do Real decreto 1955/2000) e ten como finalidade a de evacuar a enerxía xerada nos parques eólicos Lagoa I (IN661A 2009/001), 16,2 MW e Lagoa II (IN661A 2009/002), 24,6 MW. Proxéctase a execución dunha posición de transformación 66/30 kV no interior da futura subestación dos parques eólicos Lagoa I e II (concello de Santa Comba) e unha liña eléctrica aérea a 66 kV, que será parte das infraestruturas de conexión destes parques coa rede de transporte.

5. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Subestación colectora 66/30 kV dos parques eólicos Lagoa I, de 16,2 MW e Lagoa II, de 24,6 MW.

Situación:

Vértice (Santa Comba)

Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29

X

Y

A

508.979,12

4.766.734,60

B

508.966,42

4.766.732,63

C

508.971,92

4.766.697,20

D

508.984,62

4.766.699,18

A subestación 66/30 kV está formada por:

• Posición PE Lagoa I (tramítase no expediente IN661A 2009/001).

• Posición PE Lagoa II (tramítase no expediente IN661A 2009/002).

• Posición de transformador de potencia 66/30 kV.

- Sistema de 66 kV no que se instalará un transformador de potencia trifásico, de 40/45 MVA de potencia en funcionamento ONAN/ONAF, e relación de transformación 66/33 kV, en baño de aceite, sobre unha bancada situada na zona do parque intemperie e a aparamenta neste nivel de tensión (interruptor, seccionador de posta a terra, transformadores de intensidade, transformadores de tensión e autoválvulas, así como as súas correspondentes estruturas metálicas de soporte).

- Sistema de 33 kV formado pola reactancia de posta a terra, a batería de condensadores e o equipo necesario para a súa manobra.

– LAT evacuación (66 kV) Lagoa I e II-nó B, co orixe no pórtico situado no interior da futura subestación dos parques eólicos Lagoa I e II e final no apoio núm. 1, denominado nó B, onde se entronca coa liña de alta tensión 66 kV PE Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle (actualmente, subestación A Lagoa) 20-66/220 kV (IN407A 2017/16-1). A liña constará dun simple circuíto de condutor, de tipo LA-280, e un cable de fibra óptica de tipo OPGW-48, que efectuará, ademais, a función de cable de terra, tendidos sobre 22 apoios metálicos de celosía. A súa lonxitude será de 6.788,86 metros, sen incluír o van destensado de conexión á futura subestación dos parques eólicos de Lagoa I e II. A potencia total prevista de transporte será de 40,8 MW.

6. No trámite de consulta a organismos en relación coas separatas ao proxecto, recibíronse os seguintes informes.

a) O 8.7.2021, Telefónica de España, S.A. informou de que non ten obxección á execución do proxecto, sempre que se cumpra a normativa vixente en relación cos paralelismos e cruzamentos con liñas de telecomunicación e, en particular, os regulamentos electrotécnicos de alta e baixa tensión. Fan constar que se reservan a actuación que proceda en caso de que se produzan danos nas súas instalacións ou perturbacións nas comunicacións electrónicas desa compañía, como consecuencia dos traballos levados a cabo no proxecto.

b) O 15.7.2021, a Sección de Minas desta xefatura territorial emitiu un informe no que indica que o ámbito desa actuación constan cinco solicitudes de dereitos mineiros da sección C) da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

c) O 27.7.2021, o organismo Augas de Galicia emitiu un informe no que conclúe que non é previsible que a LAT poida causar impactos significativos, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar nos documentos presentados e as consideracións para tal efecto referidas no seu informe. Durante os procesos de execución dos traballos de desenvolvemento e implantación da actuación proposta, de cara á non afección ao dominio público hidráulico, deberán considerarse as directrices sinaladas no seu informe, así como as indicadas no documento sometido a informe.

d) O 6.8.2021, UFD Distribución, S.A. informou que non pon obxeccións ao proxecto, condicionado ao cumprimento das prescricións técnicas e regulamentarias establecidas na lexislación aplicable.

e) O 12.11.2021, o Concello de Santa Comba informou que as obras necesarias para a construción da liña de alta tensión e centro de transformación discorren dentro do ámbito municipal de Santa Comba. A instalación pretendida está permitida no tipo de solo que se vai ocupar segundo establece a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, conforme o seu artigo 35 respecto dos usos e actividades en solo rústico, no punto 1.m) que considera as instalacións e infraestrutura de produción e transporte de enerxía sempre que non impliquen urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren e precisará da autorización pertinente de Medio Rural.

7. No que respecta ás alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido, as respostas efectuadas polo promotor e o resto de documentación que consta no expediente cómpre manifestar o seguinte:

a) No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas cuestións foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 27.3.2023, e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental, nas que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental ao que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Concello de Santa Comba, direccións xerais do Patrimonio Cultural, do Patrimonio Natural, de Emerxencias e Interior, de Ordenación Forestal, e Saúde Pública, do Instituto de Estudos do Territorio, da Axencia Turismo de Galicia e Augas de Galicia.

b) A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén no caso de instalacións eólicas próximas entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito das instalacións eléctricas, o anexo II da citada lei establecía, na data de presentación do estudo de impacto ambiental, que estará sometida á avaliación ambiental simplificada, entre outras, a «Construción de liñas para a transmisión de enerxía eléctrica (proxectos non incluídos no anexo I) cunha voltaxe igual ou superior a 15 kV, que teñan unha lonxitude superior a 3 km, salvo que discorran integramente en soterrado por solo urbanizado, asi como as súas subestacións asociadas»; non obstante, o 28.2.2020, unha vez finalizado o período de consultas, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu un documento de alcance no que se establecían os trámites que este órgano substantivo tiña que realizar na avaliación de impacto ambiental ordinario.

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria).

Por outra banda, a Lei 21/2013, obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutras instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «partimento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.

Cómpre sinalar que nada impide, dende o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o ten declarado o Tribunal Supremo na súa sentenza do 11 de decembro de 2013, cando di que «... unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estos poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020, modifica o Real decreto 1955/2000, para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o seu uso compartido por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita sentenza do 11 de decembro de 2013, «non podería darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supor unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

c) No que respecta á afección ao dominio público hidráulico, o organismo Augas de Galicia informou o 27/07/2021 que non é previsible que a LAT poida causar impactos significativos, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar nos documentos presentados e as consideracións para tal efecto referidas no seu informe.

d) En relación coa afección á paisaxe, no expediente consta un informe do Instituto de Estudos do Territorio do 29.10.2021, que considera cumprido o disposto no artigo 11.2 da Lei 7/2008 e nos artigos 26 e seguintes do Regulamento da Lei 7/2008.

e) En relación á afección ao patrimonio cultural, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu o 17.12.2021, un informe favorable aos documentos Estudo de impacto ambiental. Liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B (setembro 2020) e proyecto sectorial Liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B (xullo 2020), coas cautelas establecidas na Memoria de avaliación de impacto sobre o patrimonio cultural que constitúe o anexo V do EIA e debéndose, en todo caso, ter en conta as determinadas consideracións e condicións.

f) Respecto ás alegacións sobre a falta de información ambiental, de difusión e claridade da información pública, nos antecedentes de feito recollense as diferentes publicacións do Acordo do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto da liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña) (expediente IN408A 2019/08).

Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto da información pública estiveron á disposición de todas aquelas persoas interesadas nos concellos de Zas e Santa Comba e na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da Xefatura Territorial da Coruña e da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial da Coruña, así como na web de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen queda debidamente garantidos.

En consecuencia, non se pode atender esta alegación.

g) No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes informou o 30.8.2021 que a infraestrutura non afecta a montes veciñais en man común, montes pertencentes ao Catálogo de montes de utilidade pública nin outros montes de xestión pública. Tampouco afectará infraestruturas forestais relevantes, mouteiras selectas ou parcelas de experimentación.

h) No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe ao que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial do parque eólico. En todo caso, o proxecto que se aproba mediante este acordo conta co informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, como se recolle nos antecedentes de feito.

i) En relación aos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución, que deberán ser compensadas axeitadamente polo promotor aos titulares dos terreos.

h) En canto á pretendida saturación na capacidade de acollida de enerxía eléctrica en Galicia e falta de xustificación da necesidade do parque eólico, os parques eólicos son unha das principais fontes de xeración de enerxía limpa, e polo tanto, parte fundamental da loita contra o cambio climático e a descarbonización, con vantaxes na protección do ambiente, a saúde e a economía.

Existe unha falsa percepción sobre que a potencia eléctrica instalada actualmente proveniente de enerxías renovables é suficiente para cubrir as necesidades enerxéticas de Galicia; neste sentido, segundo o recente informe «O sector enerxético galego: presente e futuro» elaborado polo Consello Económico e Social de Galicia en colaboración coa Universidade da Coruña, o 75 % dos recursos enerxéticos de Galicia son importados.

Visto o anterior, enténdese que esta alegación debe ser desestimada.

8. A seguir, recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto da declaración de impacto ambiental (IIA) da liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña), promovida por Engasa Lagoa, S.L., formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 27.3.2023, e recollida no feito vixésimo quinto desta resolución:

a) Na epígrafe 6 da DIA, recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental», proponse formular a declaración de impacto ambiental nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve: formular a declaración de impacto ambiental do proxecto da LAT 66 kV de evacuación dos PE Lagoa I e PE Lagoa II, considerando que o proxecto é ambientalmente viable, sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.

Ademais do obrigado cumprimento das condicións sinaladas, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental poderá ditar, do xeito que proceda, os condicionados adicionais que resulten oportunos.

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación dos PE Lagoa I e Lagoa II. Incluíndo a posición de transformación de potencia 60/33 kV da subestación 30/66 kV compartida polos parques eólicos Lagoa I e Lagoa II no concello de Santa Comba.

c) Na epígrafe 4 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.1. Condicións xerais.

1. Considerando o exposto no punto 2. Tramitación e análise do expediente, establecese como condicionado particular para o desenvolvemento do proxecto o cumprimento do contido dos informes que consten no expediente, ademais do recollido no EIA e na restante documentación avaliada, tendo en conta que as condicións ou medidas dos informes prevaleceran fronte ás do estudo ambiental ou a restante documentación, no caso de contradición entre elas e que, en todo caso, calquera condición desta DIA prevalece fronte ás anteriores.

2. En relación coa vulnerabilidade do proxecto ante riscos derivados de accidentes graves e catástrofes, teranse en conta as recomendacións recollidas no estudo elaborado polo promotor e avaliado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

3. O promotor debera depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración, conforme o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe do aval, que será actualizable e debera fixar o órgano substantivo, a cantidade de 35.929 euros, dos cales 15.398 euros corresponden á fase de obras e 20.531 euros á de desmantelamento e abandono da liña eléctrica.

Para a cancelación do dito aval, será preciso o informe favorable do órgano ambiental, logo do levantamento dunha acta de comprobación pola inspección ambiental conforme establece o referido Decreto 455/1996.

A solicitude de cancelación realizarase a través do órgano substantivo, e só se poderá efectuar unha vez estean totalmente rematados os labores de restauración e integración paisaxística e logo de que o promotor acredite, mediante os informes do programa de vixilancia ambiental e calquera outra documentación que se considere oportuna, de ser o caso, a suficiencia e o éxito dos traballos efectuados, tanto os referentes á restauración (coa vexetación debidamente implantada) como ás demais actuacións relacionadas coa imposición do aval ambiental.

4.2. Condicións particulares.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

1. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta DIA, o promotor deberá designar unha persoa con formación adecuada en materia ambiental que será a responsable do seu control e notificar o seu nomeamento ao órgano substantivo.

2. Calquera cambio que se pretenda introducir no proxecto respecto do recollido nesta DIA deberá ter en conta a variable ambiental, e no caso de que poida producir efectos significativos sobre o ambiente deberáselle notificar previamente á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a través do órgano substantivo e acompañado da pertinente valoración medioambiental comparativa, para que o órgano ambiental o avalíe e informe sobre a súa aceptación, comunicando, se é o caso, as condicións que cómpre impoñerlle ou se procede iniciar un novo trámite de avaliación ambiental.

3. O promotor deberá comunicar ao órgano ambiental, a través do órgano substantivo e coa suficiente antelación, a data prevista de inicio de obras do proxecto.

4. O promotor comunicará ao órgano ambiental, a través do órgano substantivo, a data de posta en marcha da instalación.

9. No expediente administrativo consta un informe técnico favorable no que se establece, entre outras cuestións, que:

Nas comprobacións realizadas, entre outras unha visita de campo realizada o 14.6.2022, non se detectou a existencia de limitacións á constitución de servidume de paso de acordo co previsto no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000. A visita de campo foi realizada con fundamento no proxecto liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B (visado o 9.10.2020 co núm. V200320).

10. No expediente administrativo consta unha proposta de resolución do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, na que se establece que a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, así como a solicitude de declaración de utilidade pública para a liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Santa Comba e Zas, promovida por Engasa Lagoa, S.L. (expediente IN408A 2019/008) cumpren cos requisitos legais.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a Engasa Lagoa, S.L. a autorización administrativa previa para a liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Santa Comba e Zas (expediente IN408A 2019/008).

2. Outorgar a Engasa Lagoa, S.L. a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución das instalacións Liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Santa Comba e Zas, segundo o proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense e visado o 10.9.2020.

3. Declarar a utilidade pública do proxecto de liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II-nó B, nos concellos de Santa Comba e Zas, promovida por Engasa Lagoa, S.L. (expediente IN408A 2019/008).

Segundo o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública implica, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens e a adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa e concordantes da Lei 24/2013, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

4. Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

a) Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Engasa Lagoa, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo liña eléctrica na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, 35.929 euros, dos cales 15.398 euros corresponden á fase de obras e 20.531 euros á de desmantelamento e abandono da liña eléctrica.

A fianza correspondente á fase de obra depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

b) De conformidade coa disposición transitoria cuarta, número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

c) Engasa Lagoa, S.L. dará cumprimento a todas as condicións establecidas na Resolución do 27 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se formulou a DIA da LAT 66 kV de evacuación dos PE Lagoa I e PE Lagoa II.

d) Engasa Lagoa, S.L. con carácter previo ao inicio das obras, deberá achegar a esta xefatura territorial todas as autorizacións e permisos dos titulares dos bens afectados polas instalacións proxectadas, xunto coa designación da razón social da empresa instaladora habilitada que vai realizar as obras, así como do director de obra responsable delas.

e) Engasa Lagoa, S.L. non poderá ocupar predios particulares sen que dispoñan dun acordo mutuo entre as partes ou mediante o correspondente expediente expropiatorio.

f) Engasa Lagoa, S.L. comunicará o inicio das obras (con suficiente antelación) a todas as administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral con bens e dereitos ao seu cargo das respectivas afeccións que se estiveran a xerar coa execución do proxecto, e estableceron os condicionantes técnicos.

g) Se durante a fase de execución das obras se tivesen que adoptar medidas técnicas non consideradas no proxecto autorizado, e logo de súa execución, deberase dispoñer do pertinente visto e prace desta xefatura territorial.

h) Calquera cambio que se pretenda introducir no proxecto respecto do recollido no DIA deberá ter en conta a variable ambiental e, no caso de que poida producir efectos significativos sobre o ambiente, deberáselle notificar previamente á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a través da xefatura territorial, acompañado da pertinente valoración ambiental comparativa, para que o órgano ambiental o avalíe e informe sobre a súa aceptación, comunicando, se é o caso, as condicións que cómpre impoñerlle ou se procede iniciar un novo trámite de avaliación ambiental.

i) Todas estas modificacións efectuadas na fase de execución deberán ser recollidas expresamente na dirección de obra, sempre e cando non fosen obxecto do correspondente modificado do proxecto para a súa autorización por parte desta xefatura territorial.

j) Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, o promotor deberá presentar, ante a xefatura territorial, a seguinte documentación:

– Certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Declaración responsable asinada polo director de obra na que se certifique o cumprimento de todos os condicionados técnicos aceptados pola empresa, durante a fase de tramitación administrativa.

– Documento xustificativo (asinado por técnico competente) de que no desenvolvemento do proxecto se aplicaron todas as medidas protectoras, correctoras e de vixilancia ambiental propostas na documentación presentada polo promotor na tramitación ambiental, así mesmo como das condicións que complementan, matizan ou subliñan as anteriores e foron recollidas no IIA.

– Plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións da liña de alta tensión, segundo o artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

k) Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

l) De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar a revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

m) Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Notifíquese esta resolución aos interesados, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

A Coruña, 21 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO 1

Alegacións presentadas durante o período de información pública e durante a tramitación do expediente, indicado no feito décimo segundo:

Sociedade Galega de Historia Natural, o 5.7.2021; Pedro Rodríguez López, 16.7.2021; Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, o 18.7.2021; David Chas Barbeito, o 19.7.2021; Francisco Javier Garaboa Bonillo, o 19.7.2021; Carlos Penedo Casmartiño, o 20.7.2021; Clara González Domínguez, o 21.7.2021; Asociación Amigos da Terra, o 4.8.2021; José Manuel Abelenda García, o 6.8.2021; Juan Martín Cundíns Suárez, o 10.8.2021; Juan Antonio Liñares Posse, o 11.8.2021; María Carmen Liñares Posse, o 11.8.2021; María Estrella Liñares Posse, o 11.8.2021; Uxía González Liñares, o 11.8.2021; Asociación de Veciños de Buxán e Pardiñeira, o 11.8.2021; Mª Lorena Suárez Pazos, o 17.8.2021; Mario Maceiras Dosil-Asociación en Defensa da Costa da Morte, o 27.7.2021, Carlos Penedo Casmartiño, o 31.8.2021.