DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de setembro de 2023, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1_58163), no concello de Negueira de Muñiz (Lugo), de Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. (expediente IN407A 2021/49-2).

Para cumprir o disposto no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a Xefatura Territorial de Lugo dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de setembro de 2023, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1_58163), no termo municipal de Negueira de Muñiz (Lugo), de Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. (expediente IN407A 2021/49-2), que se recolle como anexo desta resolución.

Contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 13 de outubro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de setembro de 2023, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Nova LMT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1_58163), que discorre polo concello de Negueira de Muñiz (Lugo), e promove Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. (expediente IN407A 2021/49-2)

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 24.5.2021, Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. (en diante, Viesgo) presentou as solicitudes de autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública da infraestrutura eléctrica denominada Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1_58163), coa que se pretende dar subministración para o servizo de iluminación pública ao núcleo rural de Foxo, acompañada da seguinte documentación técnica:

1. Proxecto de execución da referida infraestrutura eléctrica do 20.4.2021, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea (colexiado núm. 2803 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado por este colexio con núm. 20211445 e data 18.5.2021.

2. Declaración responsable do técnico proxectista (incorporada no proxecto), segundo o exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

3. Separatas técnicas para as entidades afectadas pola infraestrutura eléctrica proxectada: Concello de Negueira de Muñiz, Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Defensa do Monte e Instituto de Estudos do Territorio.

4. Documento de declaración de utilidade pública do 20.4.2021, coa relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

Segundo consta no proxecto de execución presentado, as características máis salientables da instalación son as seguintes:

1. Centro de transformación baixo poste Foxo, cunha potencia máxima de 250 kVA e unha potencia instalada de 50 kV, relación de transformación de 20.000-10.000/400 V.

2. Liña de alta tensión aérea a 12 kV, cunha lonxitude de 805 m, con orixe no apoio AV24351 que se substituirá da LAT 12 kV Salime-Grandas, condutor tipo LA-56 e final en apoio 4 proxectado.

3. Liña de alta tensión soterrada a 12 kV, cunha lonxitude de 35 m, con orixe no paso aéreo a soterrado do apoio 4 proxectado, condutor tipo RHZ1 150 mm e final no CT proxectado.

4. Orzamento de execución material: 63.273,13 €.

Segundo. O 31.8.2022, a Xefatura Territorial de Lugo (en diante, Xefatura Territorial de Lugo) ditou resolución pola que se someteron a información pública as solicitudes feitas por Viesgo, de autorización administrativa previa, de construción e de declaración, en concreto, de utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1_58163), que se publicou en varios diarios (DOG núm. 179, do 20.9.2022, e El Progreso do 9.9.2022) e foi exposto no taboleiro de anuncios do concello afectado. Simultaneamente, practicáronse as notificacións individuais da solicitude de declaración de utilidade pública en concreto, aos titulares dos predios afectados que figuran na RBDA publicada, con enderezo coñecido. Así mesmo, para aqueles afectados aos que non se puido efectuar a notificación, ditou un anuncio, o 9.11.2022, para os efectos da súa notificación, que se publicou no DOG (núm. 224, do 24.11.2022) e no taboleiro de edictos único do BOE (núm. 285, do 28.11.2022).

Durante o período de información pública presentáronse alegacións, das que se deu traslado a Viesgo para que presentase a súa contestación. A continuación recóllese un resumo do contido dos escritos de alegacións:

• Carmen Graña Díaz alega que é a propietaria dos predios 10 e 32 segundo o proxecto, sen achegar documentación que o acredite. Oponse ao proxecto alegando que lle causa grandes prexuízos porque ten previsto dedicar os predios afectados ao cultivo de vide, polo que solicita modificación do trazado propoñendo que se desprace máis ao sur, eliminando así as afeccións sobre os seus predios. Viesgo, en contestación a esta alegación, solicita que se considere a alegante como titular proposta mentres non se acredite a titularidade. Tamén indica que rexeita a modificación proposta do trazado da liña por non xustificarse o motivo do cambio, máis alá de eliminar as afeccións sobre os predios da súa propiedade creando novas afeccións a outras persoas. Así mesmo, sinala que a explotación vinícola é compatible coa instalación da liña.

Terceiro. O 25.5.2021, o 13.9.2021 e o 17.3.2023, a Xefatura Territorial de Lugo trasladou as separatas técnicas, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura eléctrica: Concello de Negueira de Muñiz, Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Defensa do Monte e Instituto de Estudos do Territorio.

• Viesgo manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polas seguintes entidades: Concello de Negueira de Muñiz, Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Dirección Xeral de Defensa do Monte.

• Non consta no expediente que emitise informe o Instituto de Estudos do Territorio.

Cuarto. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos de montes veciñais en man común, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural emitiu informe, o 21.9.2021, en que se fai constar a afección a un monte veciñal en man común no concello de Negueira de Muñiz (Foxo e Vilar).

Quinto. O 20.1.2023, a Xefatura Territorial de Lugo efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, co titular do monte veciñal en man común afectado, de acordo co informe do Servizo de Montes de Lugo recollido no antecedente anterior, e concedeulle un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerase oportunas. Durante o dito prazo non presentaron alegacións.

Sexto. O 6.3.2023, a Xefatura Territorial de Lugo, de acordo co establecido no artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, remitiu copia completa do resultado do trámite de audiencia ao Servizo de Montes de Lugo para que emita informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do aproveitamento afectado.

Sétimo. O Servizo de Montes de Lugo emitiu informe, con data 6.3.2023, no cal se conclúe literalmente o seguinte:

«Finalizado o trámite de audiencia e sen ningún cambio no proxecto presentado e visto o informe do Distrito Forestal VII, este Servizo informa no sentido de que non existen masas forestais de interese que resulten afectadas pola infraestrutura proxectada:

Dentro da zona de afección dos apoios núm. 3 e núm. 4 e do tendido da liña eléctrica non existen formacións forestais do anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que sexan superiores a 15 ha. A zona afectada atópase repoboada, na actualidade, con Pinus pinaster de 25 anos aproximadamente e cunha FCC do 85 %.

Non existen outras formacións relevantes na zona, xa que a maior parte do MVMC se atopa na actualidade raso e só ten unha pequena superficie poboada por Pinus pinaster e algunha frondosa autóctona na marxe do encoro, as cales están fóra dos límites do MVMC. O resto da liña pasa por predios particulares.

Afecta o MVMC de Foxo e Vilar: o monte ocupa unha superficie de 322,489 ha, e a súa propiedade corresponde a Foxo e Vilartelín. Este MVMC queda afectado polo punto de apoio núm. 3, ocupa unha superficie de 3 m² de solo, e a LAT afecta 6.619 m² de superficie polo voo.

A superficie afectada pola infraestrutura eléctrica é incompatible co aproveitamento forestal.

En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da nova LAT e CT baixo poste en Foxo OPA 1-58163.

A promotora debe realizar un acto de disposición coa comunidade propietaria do monte, dos recollidos no título segundo do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de MVMC.

Oitavo. O 26.5.2022, a Xefatura Territorial de Lugo emitiu informe favorablemente sobre a autorización administrativa previa e de construción da instalación de referencia.

Noveno. O 5.9.2023, a Xefatura Territorial de Lugo emitiu informe sobre a tramitación realizada en relación co referido expediente (IN407A 2021/49-2), considerando que se seguiron os trámites de procedemento legalmente establecidos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A lexislación de aplicación aos procedementos tramitados no presente expediente é a seguinte:

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa.

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para facer esta proposta, conforme o establecido no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e o Consello da Xunta de Galicia é competente para adoptar o acordo proposto, de conformidade co disposto no artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Terceiro. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información pública, da contestación de Viesgo a estes e do resto da documentación que consta no expediente, conclúese o seguinte:

• En relación coa alegación achegada por Carmen Graña Díaz, relativa á titularidade dos bens e dereitos afectados, tomouse razón da manifestación e dos documentos presentados pola persoa interesada e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles. En canto á alegación en que solicita a modificación do trazado proxectado da LAT, infórmase que suporía afectar bens e dereitos de terceiros non previstos no proxecto sen que se proporcione o consentimento dos titulares das propiedades afectadas pola modificación solicitada e modificaría o trazado proposto polo autor do proxecto sen que se acredite a concorrencia conxunta dos requisitos establecidos no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, necesarios para que resulte posible unha modificación do proxectado. Para o estudo do trazado da LAT proxectado, esta xefatura atense ao disposto no artigo 1.5.1 da ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, que di (...) as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación (...) e outras disposicións regulamentarias de aplicación.

Cuarto. A respecto das entidades afectadas pola liña eléctrica proxectada que, durante o trámite de separatas, non se manifestaron, cómpre indicar que, de conformidade co disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a conformidade coa liña eléctrica proxectada do Instituto de Estudos do Territorio por non contestar a petición de condicionado.

Quinto. A respecto da concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos dos montes afectados (montes veciñais en man común), cómpre indicar o seguinte:

– En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, o Servizo de Montes de Lugo emite informe favorable sobre a compatibilidade da nova LAT e CT baixo poste en Foxo OPA 1-58163. A promotora debe realizar un acto de disposición coa comunidade propietaria do monte, dos recollidos no título segundo do Decreto 260/1992, do 4 de setembro.

– Polo que respecta ao MVMC, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, establece no seu artigo 6.1 que só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impoñérselles servidumes por causa de utilidade pública ou interese social prevalente aos dos propios montes veciñais. En consecuencia, e para os efectos de poder iniciar, de ser o caso, o correspondente expediente expropiatorio, cómpre declarar a prevalencia da utilidade pública da instalación sobre a utilidade pública do MVMC afectado.

Sexto. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, o que establece que nos casos previstos neste artigo (concorrencia de utilidade ou intereses públicos con MVMC), o Consello da Xunta de Galicia é o competente para declarar a utilidade pública e a eventual compatibilidade ou prevalencia da LAT sobre os MVMC.

De conformidade con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción para o proxecto de execución da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (opa 1_58163), que discorre polo termo municipal de Negueira de Muñiz (Lugo) e promove Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. (expediente IN407A 2021/49-2).

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Declarar a prevalencia da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica co monte veciñal en man común (MVMC) de Foxo e Vilar, no concello de Negueira de Muñiz (Lugo).

Este acordo axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

• As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1_58163), do 20.4.2021, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea e visado o 18.5.2021 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, con número de visado 20211445; e no cal figura un orzamento de execución material de 63.273,13 €.

• A empresa promotora (Viesgo) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

• O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a xefatura territorial, acompañada da documentación exixible de acordo co punto 3 da ITC-LAT 04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

• En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora realizará os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

• O incumprimento das condicións e requisitos establecidos neste acordo ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia a promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

• Este acordo adóptase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

• Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consider en pertinente.