De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio |
Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria |
Titulares: Extrusionados Galicia, S.A. e Extrugasa Transformación, S.A. |
Núm. rexistro AAI: 2006/0362_NAA/IPPC_105 |
Localización: concello de Valga (Pontevedra) |
Expediente: 2022-IPPC-M-141 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático