DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada de Frinsa del Noroeste, S.A. no concello de Ribeira (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Ley de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución:

Instalación: de elaboración de conservas

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Frinsa del Noroeste, S.A.

Expediente: 2020-IPPC-M-42

Localización: concello de Ribeira (A Coruña)

Número rexistro: 2007/0016_NAA/IPPC_101

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda, https://cmatv.xunta.gal/busca-deexpedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou de forma presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático