DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun centro de saúde en Soutomaior.

Mediante Acordo do Pleno do 29 de setembro de 2023, rectificado mediante Acordo do Pleno do 21 de decembro de 2023, aprobouse definitivamente a relación de bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a realización das obras contidas no proxecto de expropiación forzosa para a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun centro de saúde en Soutomaior, así como a designación nominal dos interesados cos cales deben entenderse os sucesivos trámites, e queda declarada a necesidade de ocupación destes, ademais de convocar os interesados ao levantamento das actas de pagamento ou depósito e posterior acta de ocupación dos bens e dereitos expropiados, o que se publica para os efectos do artigo 21 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

O Pleno do Concello, por unanimidade, adopta o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun centro de saúde en Soutomaior, elaborado polo arquitecto Isidro López Yáñez e pola enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois, do 2.8.2023, para os efectos previstos polo artigo 118 da LSG, coa estimación ou desestimación das alegacións nos termos e coa motivación que aparecen nos informes respecto de cada unha delas que constan no expediente, e coas modificacións feitas de oficio no proxecto en relación coas superficies ocupadas dos predios 4, 5, 6 e 7, por mor de procedementos de alteración catastral durante a tramitación deste procedemento, co conseguinte incremento que o anterior supuxo nas follas de valoración das parcelas nunha cantidade de 1.724,89 €, o que eleva a contía indemnizadora a un total de 88.752,87 €.

A este particular procede indicar que foron presentadas alegacións en tempo e forma por:

• María Luisa Canda Lorenzo, predio nº 8, ref. catastral 36053A016004800000XW.

• Miguel Ángel Lorenzo Seoane, predio nº 1, ref. catastral 36053A016004880000XT.

• Josefa Canda Lorenzo, predio nº 7, ref. catastral 36053A016004940000XO.

• Erundina Míguez Fontán, predio nº 5, ref. catastral 36053A016004920000XF.

De conformidade co informe elaborado co fin de contestación das alegacións polo equipo redactor do proxecto expropiatorio, resultan:

Síntese da alegación (RE 2023-E-RE-848), formulada por María Luisa Canda Lorenzo en relación coa parcela número 8, en que reclama a existencia dunha porta de ferro e di que reserva para si a formulación de folla de valoración. En resposta, estímase parcialmente a alegación e inclúese 1 unidade de portal de ferro.

Síntese da alegación (RE 2023-E-RE-847), formulada por Miguel Ángel Lorenzo Seoane en relación coa parcela número 1, en que reclama a titularidade da parcela, achegando documentación, a concreción das árbores como froiteiras e di que reserva para si a formulación de folla de valoración. En resposta, estímase parcialmente a alegación, recoñecéndolle a súa titularidade e modificando a descrición das árbores.

Síntese da alegación (RE 2023-E-RC-797), formulada por María Josefa Canda Lorenzo en relación coa parcela número 7, en que discrepa das descrición dos ben afectados, efectuando nova relación de bens, e di que reserva para si a formulación de folla de valoración. En resposta, estímase parcialmente a alegación, modificando a relación de bens afectados e a superficie afectada.

Síntese da alegación (RE 2023-E-RC-842), formulada por María Erundina Míguez Fontán en relación coa parcela número 5, en que reclama a titularidade da parcela e discrepa da superficie afectada pola expropiación, achegando documentación, e di que reserva para si a formulación de folla de valoración. En resposta, estímase parcialmente a alegación e modifícase a titularidade da parcela de acordo coa documentación achegada, e fíxase unha porcentaxe de titularidade sobre o xusto prezo do seguinte modo: María Erundina Míguez Fontán un 45 % do prezo xusto, Ana Paula Rodiño Míguez un 45 % do prezo xusto e Rogelio Míguez Álvarez un 10 % do prezo xusto como usufrutuario vitalicio. Tamén se modifica a superficie da parcela afectada».

Este punto foi rectificado polo acordo primeiro, segundo e terceiro do Pleno do 21 de decembro de 2023, que sinala:

«Primeiro. Rectificar os erros sinalados nas alegacións de Elisa Ángela Pérez Fontán [2023-E-RE-1813] sobre a titularidade das parcelas 16-482 e 16-489 (predios nº 10 e 2 respectivamente do proxecto de expropiación) e de Elisa Mª del Carmen Lema Míguez [2023-E-RE-1820] sobre erro na cotitularidade da parcela 16-491 (predio nº 4), de modo que quedan os titulares deses predios do seguinte xeito:

Predio nº 2 (parcela 16-489). Titularidade: María del Carmen Fontán Pérez.

Predio nº 4 (parcela 16-491). Titularidade: Elisa Mª del Carmen Lema Míguez e Antonio Fernández Lema.

Predio nº 10 (parcela 16-482). Titularidade: María del Carmen Fontán Pérez.

Segundo. Rectificar o erro na superficie afectada na parcela 16-494 (predio nº 7), que queda fixada na superficie total de 500 m2 segundo a recente emenda catastral presentada pola afectada María Josefa Canda Lorenzo, no seu escrito do 24.11.2023 [2023-E-RC-2036] acompañada de resolución da Xerencia Territorial do Catastro do 3.11.2023 sobre emenda de discrepancias.

Queda modificado o prezo xusto do predio nº 7, que ascende a 8.672,26 €, premio de afección incluído, o que supón un incremento derivado da rectificación de 301,13 €.

A anterior rectificación supón que o incremento que supuxo nas follas de valoración entre a aprobación inicial e a definitiva foi realmente de 2.026,02 €, o que eleva a contía indemnizadora a un total de 89.054,00 €.

Terceiro. Solicitar aos redactores do proxecto de expropiación que recollan nun documento refundido as rectificacións de erros sinaladas nos puntos primeiro e segundo deste acordo».

Ademais, no Pleno do 21 de decembro de 2023 acordouse no punto cuarto:

«Cuarto. Convocar os propietarios afectados para o levantamento das actas de pagamento ou depósito e posterior acta de ocupación dos bens e dereitos expropiados, recollendo as modificacións sinaladas nos puntos anteriores, que se efectuará nas dependencias deste concello o próximo día 1 de febreiro de 2024 e para as seguintes horas:

Predio nº 1 (parcela 16-488). Titularidade: Miguel Ángel Lorenzo Seoane. Hora: 10.00.

Predio nº 2 (parcela 16-489). Titularidade: María del Carmen Fontán Pérez. Hora: 10.15.

Predio nº 3 (parcela 16-490). Titularidade: María Cyntia Castellano Mayan. Hora: 10.30.

Predio nº 4 (parcela 16-491). Titularidade: Elisa Mª del Carmen Lema Míguez e Antonio Fernández Lema. Hora: 10.45.

Predio nº 5 (parcela 16-492). Titularidade: Rogelio Míguez Álvarez (10 % por usufrutuario); María Erundina Míguez Fontán (45 %) e Ana Paula Rodiño Míguez (45 %). Hora: 11.00.

Predio nº 6 (parcela 16-493). Titularidade: (herdeiros) Eugenia Pilar Blanco Martínez. Hora: 11.15.

Predio nº 7 (parcela 16-494). Titularidade: María Josefa Canda Lorenzo. Hora: 11.30.

Predio nº 8 (parcela 16-480). Titularidade: María Luisa Canda Lorenzo. Hora: 11.45.

Predio nº 9 (parcela 16-481). Titularidade: Antonio Fontán Lorenzo. Hora: 12.00.

Predio nº 10 (parcela 16-482). Titularidade: María del Carmen Fontán Pérez. Hora: 12.15.

Predio nº 11 (parcela 16-483). Titularidade: María del Carmen Vilán Castellano. Hora:12.30.

Predio nº 12 (parcela 16-484). Titularidade: (herdeiros) Eugenia Pilar Blanco Martínez. Hora: 12.45.

Predio nº 13 (parcela 16-485). Titularidade: (herdeiros) Daniel Aljan Castellano. Hora: 13.00.

Predio nº 14 (parcela 16-486). Titularidade: Ramón Conde Carro. Hora: 13.30.

Predio nº 15 (parcela 16-487). Titularidade: (herdeiros) Ramona Lusquiños Lage. Hora 14.00.

Infórmanse de que deberán achegar con anterioridade, ou na data do levantamento das actas, unha certificación de titularidade de conta bancaria para proceder ao pagamento do prezo xusto».

Finalmente, publícanse as citadas resolucións, así como o seu anexo rectificado coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación e a data para o levantamento de actas de pagamento ou depósito e posterior acta de ocupación dos bens e dereitos expropiados, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Soutomaior, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta, non se puidese efectuar.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao dereito.

Relación de bens afectados

Predio

Ref. catastral

Titular

Superficie

1

36053A016004880000XT

Lorenzo Seoane, Miguel Ángel

619 m2

2

36053A016004890000XF

Fontán Pérez, María del Carmen

399 m2

3

36053A016004900000XL

Castellano Mayan, María Cyntia

585 m2

4

36053A016004910000XT

Lema Míguez, Elisa María del Carmen e Fernández Lema, Antonio

649 m2

5

36053A016004920000XF

Míguez Álvarez, Rogelio (10 %)-usufrutuario Míguez Fontán, María Erundina (45 %) Rodiño Míguez, Ana Paula (45 %)

466 m2

6

36053A016004930000XM

Blanco Martínez, Eugenia Pilar (herdeiros)

373 m2

7

36053A016004940000XO

Canda Lorenzo, María Josefa

500 m2

8

36053A016004800000XW

Canda Lorenzo, María Luisa

906 m2

9

36053A016004810000XA

Fontán Lorenzo, Antonio

710 m2

10

36053A016004820000XB

Fontán Perez, María del Carmen

718 m2

11

36053A016004830000XY

Vilán Castellano, María del Carmen

361 m2

12

36053A016004840000XG

Blanco Martínez, Eugenia Pilar (herdeiros)

330 m2

13

36053A016004850000XQ

Aljan Castellano, Daniel (herdeiros)

561 m2

14

36053A016004860000XP

Conde Carro, Ramón

270 m2

15

36053A016004870000XL

Lusquiños Lage, Ramona (herdeiros)

205 m2

Soutomaior, 19 de xaneiro de 2024

Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde