DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados para a execución do novo polígono industrial.

O Pleno do Concello de Ribeira, na súa sesión extraordinaria e urxente do 21 de decembro de 2023, acordou proceder á aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do novo polígono industrial do concello de Ribeira, o cal, na súa parte dispositiva, establece o seguinte:

Primeiro. Estimar as alegacións presentadas por Lisardo Manuel Pérez Rivas (rexistro de entrada do 27.6.2022, co número 12.314), José Andrés Seráns Fernández (rexistro de entrada do 14.7.2022, co número 13.547), Mª Josefa Sieira Fontao (rexistro de entrada do 7.9.2022, co número 16.786) e José Manuel Deán Canibe (rexistro de entrada do 14.12.2022, co número 24.028) ao cualificarse como achega de datos ou alegacións, para os únicos efectos de emendar ou rectificar erros nas titularidades dalgúns predios obxecto de expropiación, e vir amparadas polos correspondentes documentos de transmisión, rectificando, en canto aos titulares, os datos da relación dos bens e dereitos de necesaria ocupación aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal en sesión do 30.5.2022, incorporando ao expediente a documentación achegada e entendéndose con eles os sucesivos trámites do expediente.

Segundo. Ter en conta o escrito presentado o 6.10.2023, rexistrado de entrada o 6.10.2023, por Juana González Sanlés, en relación cos titulares do predio número 15, incorporando os demais propietarios do referida predio na relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se van expropiar, e entendéndose con eles os sucesivos trámites do expediente, tal e como solicitan no escrito presentado (artigo 118.9 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Terceiro. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Mª del Rosario Laranga Santos (rexistro de entrada do 15.7.2022, co número 13.582), Encarnación Teresa Laranga Santos (rexistro de entrada, do 15.7.2022, co número 13.581), José Andrés Rivas Martínez (rexistro de entrada do 14.7.2022, co número 13.507) e Josefa Martínez Pérez (rexistro de entrada do 14.7.2022, co número 13.510), no que se refire á valoración dos bens afectados, de conformidade co informe emitido o 13.3.2023 polo arquitecto municipal, que figura no expediente e que se reproduce nos antecedentes deste acordo.

Cuarto. Desestimar as alegacións presentadas por José Manuel Deán Canibe (rexistro de entrada do 7.7.2022, co número 13.066), José Andrés Seráns Fernández (rexistro de entrada do 14.7.2022 e do 15.9.2022. cos números 13.548 e 17.526, respectivamente) e José Ángel Pérez Casal (rexistro de entrada do 27.9.2022, co número 18.459), no que se refire á valoración dos bens afectados, de conformidade co informe emitido o 13.3.2023 polo arquitecto municipal, que figura no expediente e que se reproduce nos antecedentes deste acordo.

Quinto. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta por razón de urbanismo dos bens e dereitos afectados para a execución do novo polígono industrial de Ribeira, redactado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira en maio de 2022 e asinado dixitalmente o 16.5.2022, presentado no rexistro xeral do Concello de Ribeira co rexistro de entrada número 202200009341, coa incorporación das rectificacións derivadas das estimacións das alegacións indicadas nos puntos anteriores, no seguinte sentido:

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos a expropiar:

Parcela

Referencia catastral

Sup. total (m2)

Sup. expr.

(m2)

Clasificación urbanística

Titular

1

15074A838000950000ZS

29.082

29.082

Solo rural

Petrogás Barbanza, S.L.

2

15074A838000960000ZZ

14.087

14.087

Solo rural

Mª Josefa Sieira Fontao

3

15074A838000980000ZH

35.734

35.734

Solo rural

Manuela Barreras Puentes

4

15074A838001000000ZW

10.797

10.797

Solo rural

Mª del Rosario Laranga Santos

5

15074A838005690000ZJ

13.784

13.784

Solo rural

Josefa del Rosario Laranga Santos

6

15074A838006400000ZZ

15.617

15.617

Solo rural

Encarnación Teresa Laranga Santos

7

15074A838006390000ZH

15.043

15.043

Solo rural

José Andrés Rivas Martínez e Josefa Martínez Pérez

8

15074A838001020000ZB

8.129

8.129

Solo rural

José Ángel Pérez Casal

9

15074A838001030000ZY

6.440

6.440

Solo rural

José Ángel Pérez Casal

10

15074A838005730000ZE

4.425

4.425

Solo rural

Encarnación Teresa Laranga Santos

11

15074A838005720000ZJ

5.232

5.232

Solo rural

Josefa del Rosario Laranga Santos

12

15074A830001010000ZA

3.158

3.158

Solo rural

Mª del Rosario Laranga Santos

13

15074A838000990000ZW

74.082

20.476

Solo rural

Manuela Barreras Puentes

14

15074A838000970000ZU

11.027

11.027

Solo rural

Mª Josefa Sieira Fontao

15

15074A838005590000ZM

17.232

17.232

Solo rural

Luis González Sanlés

Juana González Sanlés

José González Sánles

Juan Manuel González Sanlés

16

15074A838005580000ZF

13.448

13.448

Solo rural

Juan Bautista Martínez Canibe

17

15074A838005640000ZK

31.318

31.318

Solo rural

Herdeiros de Andrés Seráns Santiago, María Seráns Santiago e Juan Seráns Santiago

18

15074A838005650000ZR

16.096

39

Solo rural

Luis Escurís Batalla, S.L.

19

15074A034002110000KK

15.592

639

Solo rural

Lucía Antonia Fernández Brión, Mª Dolores Fernández Brión e Vicente Fernández Brión.

20

15074A037001920000KB

5.804

142

Solo rural

José Manuel Fernández Fernández

21

15074A037001910000KA

4.415

46

Solo rural

Petrogás Barbanza, S.L.

Esta aprobación definitiva do proxecto de expropiación implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, para os efectos da súa expropiación forzosa.

De conformidade co artigo 118.10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, este acordo de aprobación definitiva implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos ordinais 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da Lei 2.2016).

Sexto. Aprobar, dispoñer e recoñecer o gasto pola cantidade de 940.587,59 euros a que ascende o prezo xusto, con cargo á partida correspondente do orzamento municipal.

Sétimo. Ordenar o pagamento ou, se é o caso, depósito, por importe total de 940.587,59 euros a favor dos interesados, de conformidade co proxecto de expropiación forzosa.

Oitavo. Dar conta do presente acordo aos departamentos municipais de intervención e tesouraría, para os efectos oportunos.

Noveno. Notificar individualmente o presente acordo ás persoas interesadas titulares de bens e dereitos no expediente, indicándolles que se lles concede un prazo de vinte (20) días contados a partir do día seguinte ao da data de recepción da notificación, durante o cal poderán manifestar por escrito ante o órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

Advírteselles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou neste acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016.

En caso de que o expropiado rexeite a valoración contida na folla de valoración formulada pola Administración, daráselle traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia para os efectos de fixar o prezo xusto que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente.

Décimo. Publicar o presente acordo, así como o anexo coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no BOE, DOG, BOP e no taboleiro de edictos (sede electrónica) do Concello de Ribeira, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta, non se puidese efectuar. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no BOE. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Décimo primeiro. Igualmente, notificaráselle o contido deste acordo ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da LEF, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Décimo segundo. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Pleno da Corporación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación deste acordo, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado competente, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición, poderalle dirixir ao órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

Décimo terceiro. Citar as persoas interesadas titulares de bens e dereitos no expediente para proceder ao pagamento do prezo xusto, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de marzo de 2024 a partir das 9.00 horas no Auditorio Municipal, sito na praza dos Mariñeiros, s/n.

Décimo cuarto. Una vez efectuado o pagamento ou, se é o caso, depósito, procédase á ocupación dos bens expropiados e levántese acta de ocupación, nos termos contidos na lexislación estatal.

Décimo quinto. Unha vez levantada a acta de ocupación, remitirase o expediente ao Rexistro da Propiedade para a práctica dos asentos que correspondan.

Décimo sexto. Facultar o alcalde presidente da Corporación Municipal para o impulso e realización dos trámites administrativos correspondentes á convocatoria do pagamento ou depósito do importe da valoración establecida e o levantamento das actas de ocupación (artigo 118.11 da Lei 2/2016).

Décimo sétimo. Comunicar a todos os interesados que, de conformidade co disposto no artigo 24 da LEF, este expediente expropiatorio se dará por rematado no caso de que o Concello e aqueles conveñan a adquisición dos bens e dereitos obxecto da expropiación libremente e por mutuo acordo.

Ribeira, 4 de xaneiro de 2024

Luís Antonio Pérez Barral
Alcalde