DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Sela, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sela, no concello de Arbo.

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao Acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 2 de outubro de 2023, ao respecto da revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Sela da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sela, no concello de Arbo (expediente RE22056).

O 22.9.2023, o Servizo de Montes desta xefatura territorial emite o seguinte informe:

«Feitos:

Primeiro. O 30.9.2022 e número de solicitude 2022/2404730, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Sela solicita a revisión parcial do esbozo do monte Sela (Resolución de clasificación do 13.11.1979). A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente RE22056. Consta no expediente:

– Memoria técnica da revisión parcial do esbozo do monte Sela de agosto de 2022, asinada pola enxeñeira técnica forestal núm. 482 do COETF de Galicia e memoria explicativa de xullo de 2023.

– Certificado do secretario da CMVMC de Sela do 15.2.2022 da aprobación da revisión parcial do esbozo, na asemblea do 12.2.2021.

– Cartografía en formato dixital da liña levantada e axuste desa liña co resto do esbozo.

O monte Sela está afectado na súa maior parte polo antigo monte de utilidade pública (en diante, MUP), núm. 164 do Catálogo, deslindado e amolloado. Nesta revisión parcial, só 2,88 km dos 8,91 km revisados, non están afectados polo MUP.

Segundo a memoria técnica levouse a cabo un levantamento topográfico de 448 puntos con GPS de precisión centimétrica. Corresponde a maioría deses puntos aos marcos do antigo MUP 164 Chan de Rozadas, polo que non existe practicamente desviación e a que existe (referida na memoria en cor amarela), xustifícase pola medición dos muros que separan os predios particulares.

A CMVMC de Sela ten un deslindamento en tramitación coa CMVMC de Cabeiras (expediente DC22017). Esta revisión e o axuste está de acordo con este deslindamento.

A revisión parcial do esbozo de Sela afecta o esbozo da CMVMC de Barcela, pero queda xustificado na memoria esa afección pola existencia e medición dos marcos dos MUP 161, 162 e 164 (no punto 1 desta revisión, conflúen os marcos: 167 do MUP 161, 1 do MUP 162 e do MUP 164) e a titularidade a nome de Sela, da parcela catastral 36001A05000025 (parte está dentro do esbozo de Barcela).

Segundo. O obxecto desta revisión parcial é o MVMC de Sela (ID 2448 ) con Resolución de clasificación do 13.11.1979 e unha superficie de 269 ha.

Segundo os datos do Sistema rexistral forestal, o convenio que tiña coa Consellería do Medio Rural, con elenco núm. 3615685, foi rescindido o 17.7.2023. Dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 360295.

Terceiro. A revisión parcial da liña (medición de 448 puntos con coordenadas UTM (ETRS 89) máis o axuste co resto do esbozo engroba unha superficie de 230,85 ha (fronte as 269 ha clasificadas), descontada a superficie encravada (20,16 ha), e ten os mesmos límites xerais que os da clasificación:

Monte: Sela.

Superficie: 230,85 ha.

Encravados (xa descontados da superficie total): 20,16 ha.

Cuarto. O 1.3.2023, o Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Sela (Arbo), expediente RE22056, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. A revisión parcial do esbozo do monte Sela (ID 2448) pertencente á CMVMC de Sela proposta polo Servizo de Montes é a presentada pola Comunidade e queda definido consonte os datos reflectidos no antecedente de feito terceiro, as coordenadas UTM (ETRS 89) dos puntos medidos con GPS e a cartografía que acompañan a este informe».

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal denominado Sela e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión parcial do esbozo do monte veciñal denominado Sela clasificado a prol da CMVMC de Sela (Arbo), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.

Pontevedra, 29 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra