DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20230219TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 19 de decembro de 2023 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 20230219TA-PO contra a persoa titular do DNI 18972318D.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante este anuncio, se notifica á persoa titular do DNI 18972318D o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2024

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20230219TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 18972318D.

Último enderezo coñecido: Vía Gontán, 37, Gontán-Verea, 32813 Ourense.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.w): «Prohíbese fumar en: w) Recintos dos parques infantís e áreas ou zonas de xogo para a infancia, entendendo por tales os espazos ao aire libre acoutados que conteñan equipamento ou acondicionamentos destinados especificamente para o xogo e esparexemento de menores».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares nos que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).