DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Trapa, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Budiño, no concello do Porriño.

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao Acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 2 de outubro de 2023, respecto da revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Trapa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Budiño, no concello do Porriño (expediente RE23001).

O 22.9.2023 o Servizo de Montes desta xefatura territorial emite o seguinte informe:

«Feitos:

Primeiro. O 24.3.2023 e con número 2023/965793 de entrada no rexistro electrónico da xunta de Galicia, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Budiño, no concello do Porriño, solicita a revisión do esbozo do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Trapa. Consta no expediente:

– Memoria técnica asinada pola enxeñeira colexiada número 1333 do COETFG, da revisión parcial do esbozo de ID 2979.

Só se revisa o monte Trapa, por requirimento do Servizo de Montes, no expediente de deslindamento DC22007, entre as CMVMC de Budiño (O Porriño) e CMVMC de Parderrubias (Salceda de Caselas).

– Certificado do secretario do 23.3.2023, coa conformidade do presidente da aprobación do esbozo na asemblea do 12.3.2023.

– Cartografía en formato dixital.

– Informe de validación gráfica catastral do deslindamento con Parderrubias, expediente DC22007, con CSV: 3RGNB6KW5M368SB6 e QWCBDQHP9RD9TB21.

Segundo a memoria técnica, o esbozo do MVMC é moi impreciso e na meirande parte das ocasións contén erros importantes na definición dos lindes. No caso do monte Trapa incluso a orientación é incorrecta situándose mais ao norte.

Para a revisión de esbozo do monte Trapa tomáranse as parcelas catastrais que están a nome da CMVMC de Budiño, máis abaixo referidas, e a liña de deslindamento entre os montes Trapa (Budiño) e A Brava (Parderrubias) (expediente DC22007).

Concello

Polígono

Parcela

Referencia

Superficie (m2)

(tras a modificación)

O Porriño

64

225

36039A06400225

67.784

O Porriño

64

279

36039A06400279

25.031

O Porriño

64

91

36039A06400091

13.270

Segundo. A CMVMC de Budiño (O Porriño) ten 2 MVMC clasificados e unha compra. Esta revisión do esbozo é unha revisión parcial (revísase o monte Trapa) do monte con ID 2979, clasificado o 25.9.1987 cunha superficie total de 227 ha, das cales 18 ha corresponderían ao monte Trapa.

A revisión de esbozo do monte Trapa proposto ten unha superficie de 10,29 ha (fronte ás 18 ha clasificadas) e, segundo o indicado na memoria técnica, queda definido do seguinte xeito:

Monte: Trapa.

Superficie: 10,29 ha.

Linde norte e oeste: propiedades particulares.

Linde sur: MVMC de Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas).

Linde leste: MVMC de Parderrubias (Salceda de Caselas).

Segundo os datos do Sistema rexistral forestal non consta superficie de xestión pública. Dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co número 360006-01.

Terceiro. O 19.4.2023, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC Budiño (O Porriño), expediente RE23001, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. A revisión do esbozo do monte Trapa, pertencente á CMVMC de Budiño, no concello do Porriño, proposta polo Servizo de Montes é a presentada pola comunidade e queda definido consonte o antecedente de feito terceiro e a planimetría que acompaña o informe».

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal denominado Trapa e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Trapa clasificado a prol da CMVMC de Budiño (O Porriño), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.

Pontevedra, 29 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra