DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20230237TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 11 de decembro de 2023 a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20230237TA-PO contra a persoa titular do DNI 34975575G.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante este anuncio, se notifica á persoa titular do DNI 34975575G o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2024

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20230237TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 34975575G.

Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 144, 9A, Vigo, 36203 Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.c): «Prohíbese fumar: [...] c) Centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como nos espazos ao aire libre ou cubertos comprendidos nos seus recintos».

Tipificación: tales feitos puideran constituír dúas infraccións administrativas, unha tipificada como leve e outra como grave dos artigos 19.2.a) e 19.3.c) respectivamente, da Lei 28/2005: «Consideraranse infraccións leves: 2.a) Fumar nos lugares en que exista prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto», e, «Consideraranse infraccións graves: 3.c) A acumulación de tres infraccións das previstas no apartado 2.a) do presente artigo».

Sanción proposta: seiscentos trinta e un euros (631,00 €).