DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común do Viso (concello de Redondela) e Alxán de Abaixo (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común do Viso (concello de Redondela) e Alxán de Abaixo (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22131).

Feitos:

Primeiro. O 30.7.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) do Viso presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/1973674, solicitude de deslindamento entre a CMVMC do Viso (concello de Redondela) e a CMVMC de Alxán de Abaixo (concello de Soutomaior).

Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Viso (ID monte: 3089) da CMVMC do Viso.

– MVMC de Peneda (ID monte: 3141) da CMVMC de Alxán de Abaixo.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 30.6.2022.

• Acta de conciliación nº 1/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Soutomaior o 17.6.2022.

• Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas de ambas as CMVMC: CMVMC do Viso o 22.8.2021 e CMVMC de Alxán de Abaixo o 16.1.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 9.6.2023 polo técnico colexiado núm. 482 do COETF de Galicia.

• Informes de validación gráfica catastral cos CSV: X8YW9BWN7S7K94HE e YSEKAK38XV4MQYGQ (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 243 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01-

x: 533.746,26

y: 4.686.130,59

Punto P02-

x: 533.785,99

y: 4.685.886,08

No traballo de gabinete establécense dous puntos secundarios para respectar o dominio público da estrada (puntos S01 e S02):

Punto S01-

x: 533.760,19

y: 4.686.044,88

Punto S02-

x: 533.760,94

y: 4.686.040,22

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de MVMC detéctase que existe estrema entre ambos os montes e considérase que non afecta terceiros propietarios.

O punto P01 é o punto no cal converxen a CMVMC do Viso, a CMVMC de Arcade de Arriba e a CMVMC de Alxán de Abaixo, e coincide co punto P3 do expediente DC22010 (deslindamento entre a CMVMC do Viso e a CMVMC de Arcade de Arriba).

O deslindamento está formado por 2 tramos:

Tramo 1: punto P01-punto S01.

Tramo 2: punto S02-punto P02.

A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Redondela e Soutomaior. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas nel.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC do Viso: o expediente de revisión de esbozo RE22002 xa recolle o actual deslindamento.

– CMVMC de Alxán de Abaixo: achega uns pequenos axustes para pechar os puntos P01 e P02 do deslindamento co resto do esbozo do seu MVMC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC do Viso (concello de Redondela) e a CMVMC de Alxán de Abaixo (concello de Soutomaior), respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 27 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra