DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Piñeiro (menos Gontade) e Soutelo (concello de Cuntis), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Piñeiro (menos Gontade) e Soutelo (concello de Cuntis), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22088).

Feitos:

Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Piñeiro (menos Gontade) presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2390021, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC de Soutelo, ambas no concello de Cuntis.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Balboa (ID monte: 2657) da CMVMC de Piñeiro (menos Gontade).

– MVMC de Baixo de Balboa (ID monte: 2654) da CMVMC de Soutelo.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 22.7.2022.

• Acta de conciliación nº 6/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Cuntis o 21.9.2022.

• Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) o 3.9.2022 e CMVMC de Soutelo o 3.9.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.9.2022 polo técnico colexiado núm. 1300 do COETF de Galicia.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: J2BKXMAGQAY0BHFY (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 440 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1-

x: 534.978,04

y: 4.724.186,77

Punto 2-

x: 534.935,54

y: 4.724.136,28

Punto 3-

x: 534.917,35

y: 4.724.126,26

Punto 4-

x: 534.857,93

y: 4.724.122,77

Punto 5-

x: 534.850,96

y: 4.724.116,31

Punto 6-

x: 534.837,01

y: 4.724.084,74

Punto 7-

x: 534.806,05

y: 4.724.052,41

Punto 8-

x: 534.801,64

y: 4.724.037,12

Punto 9-

x: 534.686,50

y: 4.723.940,07

Punto 10-

x: 534.670,45

y: 4.723.916,95

Punto 11/1-

x: 534.661,54

y: 4.723.912,06

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

O punto 1 é o punto no cal converxen a CMVMC de Couselo, a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC de Soutelo, e coincide co punto 6 do expediente DC22024 (deslindamento entre a CMVMC de Couselo e a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e co punto 1 do expediente DC22023 (deslindamento entre a CMVMC de Couselo e a CMVMC de Soutelo).

O punto 11/1 é o punto no cal converxen a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade), a CMVMC da Igrexa e a CMVMC de Soutelo, e coincide co punto 1/11 do expediente DC22089 (deslindamento entre a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC da Igrexa).

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC Piñeiro (menos Gontade): o punto 1 pecha a liña do deslindamento co esbozo a través do expediente DC22024 e no punto 11/1 a través do expediente DC22089.

– CMVMC de Soutelo: o Servizo de Montes executa un axuste do esbozo da CMVMC de Soutelo segundo o actual deslindamento e o expediente DC22023 con base no presentado pola comunidade.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC de Soutelo, ambas no concello de Cuntis, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 22 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra