Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Piñeiro (menos Gontade) e A Igrexa (concello de Cuntis), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22089).
Feitos:
Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) de Piñeiro (menos Gontade) presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2390082, solicitude de deslindamento entre CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC da Igrexa, ambas no concello de Cuntis.
Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Balboa (ID monte: 2657) da CMVMC de Piñeiro (menos Gontade).
– MVMC de Baixo de Balboa (ID monte: 2653) da CMVMC da Igrexa.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do apeo do deslindamento o 22.7.2022.
• Acta de conciliación nº 6/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Cuntis o 21.9.2022.
• Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) o 3.9.2022 e CMVMC da Igrexa o 6.9.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.9.2022 polo técnico colexiado núm. 1300 do COETF de Galicia.
• Informe de validación gráfica catastral con CSV: ZHF344C6TACSZVKM (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 218 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 1/11- |
x: 534.661,54 |
y: 4.723.912,06 |
Punto 2- |
x: 534.656,80 |
y: 4.723.908,20 |
Punto 3- |
x: 534.532,07 |
y: 4.723.899,76 |
Punto 4- |
x: 534.446,73 |
y: 4.723.883,81 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
O punto 1/11 é o punto no cal converxen a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade), a CMVMC da Igrexa e a CMVMC de Soutelo, e coincide co punto 11/1 do expediente DC22088 (deslindamento entre a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC de Soutelo).
O punto 4 é o punto no cal converxen a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade), a CMVMC da Igrexa e a CMVMC de Montesandeu, e coincide co punto 1 do expediente DC22094 (deslindamento entre a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC de Montesandeu).
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Piñeiro (menos Gontade): o punto 11/1 pecha a liña do actual deslindamento co resto do esbozo a través do expediente DC22088 e o punto 4 a través do expediente DC22094.
– CMVMC da Igrexa: o Servizo de Montes executa un axuste do esbozo segundo o actual deslindamento, o expediente DC22088 e o expediente DC22094, con base no presentado pola comunidade.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e a CMVMC da Igrexa, ambas no concello de Cuntis, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 22 de decembro de 2023
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra