DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme ao Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Finca A Carballeira, SAT nº 1287 Xuga, por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Finca A Carballeira 2023, S.L., segundo o Acordo adoptado na asemblea xeral do 28 de setembro de 2023, celebrada ante notario.

b) Os Hermida, SAT nº 737 Xuga, cancelada finalizada a liquidación e aprobado o balance final, acordada na asemblea xeral do 7 de novembro de 2023.

c) Val de Camba, SAT nº 1356 Xuga, cancelada de oficio o 3 de novembro de 2023, transformada na entidade San Juan de Camba, S.L. polo Acordo aprobado na asamblea xeral do 6 de outubro de 2022 celebrada ante notario.

d) Agro de Bazán, SAT nº 875 Xuga, cancelada de oficio o 3 de novembro de 2023 por transformación da entidade en Finca Agro de Bazán, S.L. polo Acordo aprobado na asamblea xeral do 4 de maio de 2023 celebrada ante notario.

e) Industrias Lácteas Cerceda y Explotación de Tierras y Ganado, SAT nº 669 Xuga, cancelada de oficio o 22 de decembro de 2023 despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a disolución da sociedade, acordada na asemblea xeral do 1 de maio de 1992.

f) A Ventisca, SAT nº 692 Xuga, cancelada de oficio o 22 de decembro de 2023 , despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a disolución da sociedade, acordada na asemblea xeral do 16 de xuño de 1996.

g) Santa Marina de Loureiro, SAT nº 4328, cancelada de oficio o 22 de decembro de 2023, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a disolución da sociedade, acordada na asemblea xeral do 27 de novembro de 1997.

h) Silvarredonda-Rois, SAT nº 3938, cancelada de oficio o 22 de decembro de 2023, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a disolución da sociedade, acordada na asemblea xeral do 2 de abril de 1998.

i) Lamas Vaamonde, SAT nº 4256, cancelada de oficio o 22 de decembro de 2023, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a disolución da sociedade, acordada na asemblea xeral do 2 de xuño de 1997.

j) Xan Novo, SAT nº 1075 Xuga, cancelada de oficio o 22 de decembro de 2023, pola transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Xan Novo Villela, S.L. aprobada segundo o Acordo do 22 de setembro de 2014.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias