DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Apropiga-Asociación Profesional Gallega de Bomberos Forestales.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de Apropiga-Asociación Profesional Gallega de Bomberos Forestales.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: membros/as do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia (SPIF).

– Asinantes: Ángel González Lens e Gumersindo Fernández García.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais