DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Soutelo de Montes e Codesás (concello de Forcarei), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Soutelo de Montes e Codesás (concello de Forcarei), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC23001).

Feitos:

Primeiro. O 2.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) de Soutelo de Montes presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2183531, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Soutelo de Montes e a CMVMC de Codesás, ambas no concello de Forcarei.

Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Soutelo (ID monte: 2718) da CMVMC de Soutelo de Montes.

– MVMC de Codesás (monte: 2710) da CMVMC Codesás.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 9.4.2022.

• Acta de conciliación (X53 conciliación 0000433/2022) entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada o 15.11.2022.

Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas de ambas as CMVMC: CMVMC de Soutelo de Montes o 16.7.2022 e CMVMC de Codesás o 18.6.2022.

Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 31.08.2022 polo técnico colexiado núm. 296 do COETF de Galicia

Informe de validación gráfica catastral con CSV: W77Q4JMEZ1TVFXGE (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 134 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1 -

x: 559.180,59

y: 4.708.975,93

Punto 2 -

x: 559.180,01

y: 4.708.990,82

Punto 3 -

x: 559.182,99

y: 4.709.025,19

Punto 4 -

x: 559.183,22

y: 4.709.044,52

Punto 5 -

x: 559.183,10

y: 4.709.064,04

Punto 6 -

x: 559.182,16

y: 4.709.080,67

Punto 7 -

x: 559.177,77

y: 4.709.109,83

Punto 8 -

x: 559.118,41

y: 4.709.521,09

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre as comunidades pero non é coincidente coa liña do deslindamento, xa que existe un desprazamento desta con respecto á realidade. Este desprazamento é corrixido pola revisión de esbozo parcial da CMVMC de Codesás (RE23003), xustificando así a estrema na totalidade do deslindamento.

O deslindamento está formado por 2 tramos:

Tramo 1: punto 1 – punto 7

Tramo 2: punto 8

O punto 8 é o punto no cal converxen a CMVMC de Sanguñedo, a CMVMC de Codesás e a CMVMC de Soutelo de Montes, e coincide co punto 1 do expediente DC22103 (deslindamento entre a CMVMC do Soutelo de Montes e CMVMC de Sanguñedo).

O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas no mesmo.

A liña do deslindamento produce unha modificación na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Soutelo de Montes: o expediente de revisión de esbozo RE22063 xa recolle o deslindamento actual.

– CMVMC de Codesás: o expediente de revisión de esbozo RE22003 xa recolle o deslindamento actual.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Soutelo de Montes e a CMVMC de Codesás, ambas no concello de Forcarei, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 27 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra