DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común do Sisto e Lamas (concello de Forcarei), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común do Sisto e Lamas (concello de Forcarei), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22056).

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) do Sisto presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2383427, solicitude de deslindamento entre a CMVMC do Sisto e a CMVMC de Lamas, ambas no concello de Forcarei.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Sisto (ID monte: 2708) da CMVMC do Sisto.

– MVMC de Lamas (ID monte: 2704) da CMVMC de Lamas.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento o 16.8.2021.

– Acta de conciliación (X53 conciliación 0000509/2022) entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada o 14.12.2022.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC do Sisto o 12.8.2021 e a CMVMC de Lamas o 14.8.2021.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 27.4.2023 polo técnico colexiado núm. 740 do COETF de Galicia.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 4NKA4H5R629NDC38 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.281 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01 -

x: 558.408,33

y: 4.707.324,78

Punto P02 -

x: 558.422,26

y: 4.706.659,17

Punto P03 -

x: 558.385,27

y: 4.706.557,71

Punto P04 -

x: 558.257,62

y: 4.706.248,02

Punto P05 -

x: 558.220,59

y: 4.706.167,72

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e non afecta terceiros propietarios.

A liña do deslindamento non está definida por tramos rectos entre os seus puntos. A traxectoria vén definida polo medio da pista forestal (tramo entre os puntos P01-P02) e da devasa (tramo entre os puntos P02-P05).

O punto P01 é o punto no cal converxen a CMVMC de Soutelo de Montes, a CMVMC de Lamas e a CMVMC do Sisto, e coincide co punto 55 do expediente DC22102 (deslindamento entre a CMVMC de Soutelo de Montes e CMVMC de Lamas) e co punto 1 do expediente DC22104 (deslindamento entre as CMVMC de Soutelo de Montes e CMVMC do Sisto).

O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas nel.

A liña do deslindamento produce unha modificación na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC do Sisto: o punto P01 pecha a liña do deslindamento co resto do esbozo a través do expediente DC22104. E achega un pequeno axuste para pechar o punto P05 do deslindamento co resto do esbozo do seu MVMC

– CMVMC de Lamas: o punto P01 pecha a liña do deslindamento co resto do esbozo a través do expediente DC22102. E achega un pequeno axuste para pechar o punto P05 do deslindamento co resto do esbozo do seu MVMC

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC do Sisto e a CMVMC de Lamas, ambas no concello de Forcarei, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 22 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra