DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Gontade e Toxeiras (concello de Cuntis), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Gontade e Toxeiras (concello de Cuntis), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22051).

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Gontade presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2381684, a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Gontade e a CMVMC de Toxeiras, ambas no concello de Cuntis.

Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Xesteiras (ID monte: 2651) da CMVMC de Gontade.

– MVMC de Baixo de Balboa (ID monte: 2655) da CMVMC de Toxeiras.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento o 21.9.2022.

– Acta de conciliación nº 9/22 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Cuntis o 22.2.2023.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Gontade o 16.10.2022 e CMVMC de Toxeiras o 15.10.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 29.11.2022 polo técnico colexiado núm. 740 do COETF de Galicia.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 65WHCN86HH7WMGC5 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.302 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01-

x: 533.652,63

y: 4.722.646,09

Punto P02-

x: 533.773,22

y: 4.722.755,60

Punto P03-

x: 533.794,04

y: 4.722.733,03

Punto P04-

x: 533.890,31

y: 4.722.860,37

Punto P05-

x: 533.970,92

y: 4.722.928,40

Punto P06-

x: 534.073,36

y: 4.722.983,03

Punto P07-

x: 534.080,50

y: 4.723.037,71

Punto P08-

x: 534.077,25

y: 4.723.219,86

Punto P09-

x: 534.058,68

y: 4.723.357,11

Punto P10-

x: 534.054,92

y: 4.723.450,13

Punto P11-

x: 534.071,96

y: 4.723.737,31

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por 2 tramos:

Tramo 1: punto P01-punto P02.

Tramo 2: punto P03-punto P11.

O tramo 1 respecta o límite das parcelas pertencentes á CMVMC de Toxeiras incluídas na concentración parcelaria de Piñeiro-Estacas-Cuntis 1º.

Entre os puntos P02 e P03 respéctase o dominio público da estrada; neste tramo non existe estrema entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

O punto P11 é o punto no cal converxen a CMVMC de Gontade, a CMVMC de Toxeiras e a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e coincide co punto 5 do expediente DC22126 (deslindamento entre a CMVMC de Piñeiro (menos Gontade) e CMVMC de Toxeiras). Ambos os puntos presentan unha pequena desviación, asociada á precisión dos diferentes aparellos topográficos empregados na medición.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Toxeiras: achega uns pequenos axustes para pechar o punto P01 e o punto P11 (non ten en conta o expediente DC22126) do deslindamento co resto do esbozo do MVMC. O Servizo de Montes executa un axuste do esbozo segundo o actual deslindamento e o expediente DC22126

– CMVMC de Gontade: achega uns pequenos axustes para pechar o punto 11 (coincidente co axuste do expediente DC22126) e o punto P01 do deslindamento co resto do esbozo do MVMC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Gontade e a CMVMC de Toxeiras, ambas no concello de Cuntis, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 22 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra