DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Moreira e Alxán de Arriba (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Moreira e Alxán de Arriba (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22076).

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Moreira presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2384355, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Moreira e a CMVMC de Alxán de Arriba, ambas no concello de Soutomaior.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de MVMC Espiñeiro (ID monte: 3145) da CMVMC de Moreira.

– MVMC de Pedroso e Laxial (ID monte: 3151) da CMVMC de Alxán de Arriba.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento o 9.2.2022.

– Acta de conciliación nº 11/22 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Soutomaior o 9.12.2022.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Alxán de Arriba o 9.4.2022 e CMVMC de Moreira o 14.4.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 7.4.2022 polo técnico colexiado núm. 740 do COETF de Galicia.

– Informes de validación gráfica catastral cos CSV: NNKVP5PXP08JGCEH e M8FBG4HVX1BYEY97 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 536 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01-

x: 534.849,00

y: 4.684.810,00

Punto P02-

x: 534.891,14

y: 4.684.946,68

Punto P03-

x: 534.969,88

y: 4.685.154,95

Punto P04-

x: 535.026,78

y: 4.685.222,41

Punto P05-

x: 535.009,55

y: 4.685.302,95

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e non afecta terceiros propietarios.

O punto P01 é o punto no cal converxen a CMVMC de Espiñeiro, a CMVMC de Alxán de Arriba e a CMVMC do Viso, e coincide co punto 1 do expediente DC22002 (deslindamento entre a CMVMC do Viso e CMVMC de Alxán de Arriba) e co punto 1 do expediente DC22009 (deslindamento entre as CMVMC do Viso e CMVMC de Moreira).

A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Soutomaior e Redondela. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas nel.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Alxán de Arriba: achega un pequeno axuste para pechar o punto P05 do deslindamento co seu MVMC. O Servizo de Montes executa un axuste do esbozo segundo o deslindamento actual e o expediente DC22002.

– CMVMC de Moreira: achega un pequeno axuste para pechar o punto P05 do deslindamento co seu MVMC. O Servizo de Montes executa un axuste do esbozo para pechar o deslindamento actual cos deslindamentos: expediente DC22009 (deslindamento entre as CMVMC do Viso e CMVMC de Moreira) e o expediente DC22077 (deslindamento entre a CMVMC de Moreira e a CMVMC de Lourido).

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Moreira e a CMVMC de Alxán de Arriba, ambas no concello de Soutomaior, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 22 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra