DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Couso e Peitieiros (concello de Gondomar), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Couso e Peitieiros (concello de Gondomar), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22013).

Feitos:

Primeiro. O 9.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Couso presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2228702, a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Couso e a CMVMC de Peitieiros (concello de Gondomar).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Couso (ID monte: 2778) da CMVMC de Couso.

– MVMC de Peitieiros (ID monte: 2783) da CMVMC de Peitieiros.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento o 26.4.2022.

– Acta de conciliación nº 8/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Gondomar o 8.9.2022.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Couso o 12.6.2022 e CMVMC de Peitieiros o 26.6.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 8.9.2022 polo técnico colexiado núm. 1333 do COETF de Galicia.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: RTVHQTP2J4GGAXSH (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 866 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1-

x: 522.805,223

y: 4.658.302,86

Punto 2-

x: 522.761,151

y: 4.658.372,16

Punto 3-

x: 522.717,214

y: 4.658.437,11

Punto 4-

x: 522.675,301

y: 4.658.446,54

Punto 5-

x: 522.631,194

y: 4.658.469,08

Punto 6-

x: 522.581,993

y: 4.658.492,42

Punto 7-

x: 522.543,555

y: 4.658.519,21

Punto 8-

x: 522.486,966

y: 4.658.618,08

Punto 9-

x: 522.414,607

y: 4.658.720,08

Punto 10-

x: 522.397,835

y: 4.658.758,41

Punto 11-

x: 522.183,700

y: 4.658.984,10

Punto 12-

x: 522.169,466

y: 4.659.098,90

Punto 13-

x: 522.157,029

y: 4.659.118,34

Punto 14-

x: 522.105,393

y: 4.659.280,16

Punto 15-

x: 522.078,327

y: 4.659.368,37

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema na totalidade do deslindamento e non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por 3 tramos:

Tramo 1: punto 1-punto 10.

Tramo 2: punto 11-punto 13.

Tramo 3: punto14-punto15.

No tramo 3 a CMVMC de Couso establece a estrema mediante un pequeno axuste do esbozo.

Ambos os MVMC achegan uns pequenos axustes para pechar o punto 1, o punto 10, o punto 13, o punto 14 e o punto 15 do deslindamento co resto dos seus esbozos.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Couso e a CMVMC de Peitieiros, ambas no concello de Gondomar, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 22 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra