DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Santa Mariña do Rosal e San Miguel de Tabagón (concello do Rosal), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Santa Mariña do Rosal e San Miguel de Tabagón (concello do Rosal), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22012).

Feitos:

Primeiro. O 22.8.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Santa Mariña do Rosal presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2104254, a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Santa Mariña do Rosal e a CMVMC de San Miguel de Tabagón (concello do Rosal).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Santa Mariña do Rosal (ID monte: 3100) da CMVMC de Santa Mariña do Rosal.

– MVMC de Lousado, Niño do Corvo, Illa Canosa, Arnados, Moroceira e outros (ID monte: 3101) da CMVMC de San Miguel de Tabagón.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento o 7.3.2022.

– Acta de conciliación nº 9/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz do Rosal o 13.7.2022.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Santa Maríña do Rosal o 27.3.2022 e a CMVMC de San Miguel de Tabagón o 13.3.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 22.8.2022 polo técnico colexiado núm. 1333 do COETF de Galicia.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 9K6ZYG7H77Y3VDWT (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 813 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1-

x: 515.660,32

y: 4.644.078,65

Punto 2-

x: 515.645,17

y: 4.644.083,65

Punto 3-

x: 515.452,29

y: 4.644.138,07

Punto 4-

x: 515.291,06

y: 4.644.147,37

Punto 5-

x: 515.245,10

y: 4.644.103,99

Punto 6-

x: 515.237,13

y: 4.644.082,98

Punto 7-

x: 515.118,10

y: 4.643.898,24

Punto 8-

x: 515.115,35

y: 4.643.888,73

Punto 9-

x: 515.101,24

y: 4.643.865,27

Punto 10-

x: 515.099,65

y: 4.643.845,69

Punto 11-

x: 515.100,58

y: 4.643.835,22

Punto 12-

x: 515.101,90

y: 4.643.811,12

Punto 13-

x: 515.102,40

y: 4.643.802,78

Punto 14-

x: 515.102,94

y: 4.643.799,10

Punto 15-

x: 515.102,27

y: 4.643.772,94

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existen estremas entre ambos e non afecta terceiros propietarios. A liña do deslindamento respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos do Rosal e Tomiño.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Santa Mariña do Rosal: achega uns pequenos axustes para pechar o punto P01 e o punto P15 do deslindamento co resto do esbozo do MVMC.

– CMVMC de San Miguel de Tabagón: achega uns pequenos axustes para pechar os puntos P01 e o punto P15 do deslindamento co resto do esbozo do MVMC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Santa Mariña do Rosal e a CMVMC de San Miguel de Tabagón, ambas no concello do Rosal, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 22 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra