DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o apercibimento previo á imposición de multas coercitivas en relación co expediente sancionador MON-LU-0144/2022-FOR.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao ignorarse o lugar da notificación, notifícaselle a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 5 de xaneiro de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0144/2022-FOR.

NIF interesado: 79579247B.

Acto notificado: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.