DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 2 de xaneiro de 2024, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 2 de xaneiro de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 356 do polígono 123, no concello de Palas de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado o 5 de decembro de 2023.

Lugo, 8 de xaneiro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo