DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/14-2).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na Avda. San Luis, 77, 28033 Madrid, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 18 de xaneiro de 2023, a citada empresa solicitou a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes), no concello de Cervantes, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE do 27 de decembro, núm. 310), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE do 27 de decembro, núm. 310) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante o Acordo desta xefatura territorial do 2 de maio de 2023. Esta resolución foi publicada no diario La Voz de Galicia do 7 de xuño de 2023 e no DOG do 25 de maio de 2023, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública presentou alegacións Antonio Rosón Varela.

Este interesado, titular do predio nº 6, alega defectos formais na tramitación relativos á publicación da información pública das solicitudes de autorización para a construción, ampliación, modificación e explotación de instalacións eléctricas.

Por outro lado, propón o traslado da localización do transformador a outra parte do predio por causar un menor prexuízo.

Segundo a empresa promotora, o procedemento seguido realizouse ao abeiro da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, no seu capítulo III.

E respecto do trazado elixido para o proxecto, a empresa di que se leva a cabo tendo en conta o disposto no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que non pode aceptar a variación do trazado proposta polo alegante.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A esta xefatura territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude. de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG nº 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes), no concello de Cervantes, coas seguintes características técnicas principais:

– Centro de transformación intemperie (CTI), cunha potencia de 100 kV e relación de transformación 20.000/400-230 V .

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, derivada da LMTA BCR804, con orixe no seu apoio núm. 47-13 e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 135 m en condutor LA-56 e dous apoios de celosía metálica de tipo C-14/2000 e C-14/3000. No primeiro destes apoios instalarase un seccionador tipo XS e no segundo, o CTI.

Segundo. Conceder a autorización administrativa de construción para a execución do proxecto da instalación eléctrica LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes).

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificarán individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no diario La Voz de Galicia do 7 de xuño de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 25 de maio de 2023, expostas no taboleiro de anuncios desta xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas poderán formularse as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación (Edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes), presentado pola empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establecen a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta xefatura territorial.

Quinta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 20 de decembro de 2023

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes)

Concello: Cervantes.

Expediente: IN407A 2023/14-2.

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio cantidade

Sup. (m²)

Voo (long.)

Voo

(sup. m²)

1

María García Ríos

11

120

Tallos de Curraes

Monte alto

47-13-1

1

2

22

290

2

Descoñecido

11

121

Tallos de Curraes

Monte alto

 

 

 

8

173

3

Matías García Belón

11

122

Tallos de Curraes

Monte alto

 

 

 

 

6

4

María García Ríos

11

138

Tallos de Penedo

Monte alto

 

 

 

9

140

5

Descoñecido

11

139

Tallos de Penedo

Monte alto

 

 

 

10

168

6

Antonio Rosón Varela

11

86

Cortiña de Tallado

Prado

47-13-CT

1

14

87

1.256