DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CT Estrada Fragoselo, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/122-4).

A instalación denominada LMTS CT Estrada Fragoselo foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 3 de novembro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 26 de abril de 2024, a partir das 13.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 5 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS CT Estrada Fragoselo

Referencia catastral

Lugar

Representa

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

8710709NG1781S0001OS

Fragoselo

José María Prado Comesaña

Hros. Otilia Comesaña Hermida

CT

16,81