DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común do Viso (concello de Redondela) e Arcade de Arriba (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común do Viso (concello de Redondela) e Arcade de Arriba (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22010).

Feitos:

Primeiro. O 3.8.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) do Viso, presenta no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2002963, solicitude de deslindamento entre a CMVMC do Viso (Redondela) e a CMVMC de Arcade de Arriba (Soutomaior).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Viso (ID Monte: 3089) da CMVMC do Viso.

– MVMC da Jolbada (ID Monte: 3139) da CMVMC de Arcade de Arriba.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento o 10.6.2019.

– Acta de conciliación (X53 conciliación 0000252/2021) entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Redondela o 17.9.2021.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas CMVMC: CMVMC do Viso o 21.7.2019 e a CMVMC de Arcade de Arriba o 26.12.2020.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 3.8.2022 polo técnico colexiado núm. 482 do COETF de Galicia.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: AY19B2MPBCM7KF37 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 267 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto P1- x: 533569,06 y: 4686499,54

Punto P2- x: 533579,00 y: 4686486,00

Punto S1- x: 533625,64 y: 4686392,27

Punto P3- x: 533746,26 y: 4686130,59

No traballo de gabinete establécense tres puntos de deslindamento secundarios:

Punto S2- x: 533682,47 y: 4686268,96

Punto S3- x: 533684,27 y: 4686265,05

Punto S4- x: 533732,06 y: 4686161,37

Entre os puntos S2 e S3 prodúcese descontinuidade da liña de deslindamento para respectar o dominio público da estrada (o deslindamento realizarase coa Administración competente). Entre os puntos S4 e P3 prodúcese descontinuidade da liña de deslindamento para respectar a parcela catastral 36053A01401477 de titularidade particular.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta a terceiros propietarios.

A liña de deslindamento invade o esbozo da CMVMC de Alxán de Abaixo en 59 m (ata o punto P3), neste tramo a colindancia queda xustificada polo expediente DC22131 (deslindamento entre a CMVMC do Viso e a CMVMC de Alxán de Abaixo).

O punto P3 é o punto no que converxen a CMVMC do Viso, a CMVMC de Arcade de Arriba e a CMVMC de Alxán de Abaixo e coincide co punto P01 do expediente DC22131.

O deslindamento está formado por 3 tramos:

Tramo 1: punto P1-punto P2

Tramo 2: punto S1-punto S2

Tramo 3: punto S3-punto S4

A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Redondela e Soutomaior. Este deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas no mesmo.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC do Viso: o expediente de revisión de esbozo RE22002 xa recolle o actual deslindamento.

– CMVMC de Arcade de Arriba: achega uns pequenos axustes para pechar os puntos P1, P3 e S4 do deslindamento co resto do esbozo do seu MVMVC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC do Viso (Redondela) e a CMVMC de Arcade de Arriba (Soutomaior) respecto da sua estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra