DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común do Viso (concello de Redondela) e de Moreira (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común do Viso (concello de Redondela) e de Moreira (concello de Soutomaior), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22009).

Feitos:

Primeiro. O 30.7.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) do Viso, no concello de Redondela, presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/1973678 a solicitude de deslindamento coa CMVMC de Moreira (concello de Soutomaior).

O 28.9.2022, o presidente da CMVMC de Moreira presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2384405 a solicitude de deslindamento coa CMVMC do Viso.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Viso (ID Monte: 3089) da CMVMC do Viso.

– MVMC de Espiñeiro (ID Monte: 3145) da CMVMC de Moreira.

Segundo. No expediente consta a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta de apeo do deslindamento o 9.2.2022.

• Acta de conciliación nº 2/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Soutomaior o 10.6.2022.

• Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC do Viso o 22.8.2021 e a CMVMC de Moreira o 14.4.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 17.04.2023 polo técnico colexiado núm. 482 do COETF de Galicia.

• Informes de validación gráfica catastral cos CSV: C59NAJHT29DWNT7D e TC1XE51KX9Y0YJWS (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 252 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1-

x: 534.849,00

y: 4.684.810,00

Punto 2-

x: 534.889,46

y: 4.684.725,32

Punto 3-

x: 534.930,88

y: 4.684.647,75

Punto 4-

x: 534.974,22

y: 4.684.592,94

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe estrema entre ambos e non afecta terceiros propietarios.

O punto 1 é o punto en que converxen a CMVMC de Moreira, a CMVMC de Alxán de Arriba e a CMVMC do Viso e coincide co punto 1 do expediente DC22002 (deslindamento entre a CMVMC do Viso e a CMVMC de Alxán de Arriba) e co punto P01 do expediente DC22076 (deslindamento da CMVMC de Moreira e a CMVMC de Alxán de Arriba).

O punto 4 converxe practicamente co expediente PO-DESC-05/18 de deslindamento entre a CMVMC do Viso e a CMVMC de Ventosela (existe unha mínima variación asociada á precisión dos aparellos de topográficos). Polo tanto, o punto 4 é o punto de converxencia das CMVMC do Viso, a CMVMC de Moreira e a CMVMC de Ventosela.

A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Redondela e Soutomaior e o deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas nel.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC do Viso: o expediente de revisión de esbozo RE22002 prevé o actual deslindamento.

– CMVMC de Moreira: achega un pequeno axuste para pechar o punto 4 do deslindamento co resto do esbozo do seu MVMC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC do Viso (Redondela) e a CMVMC de Moreira (Soutomaior), respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra