DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70846

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar, con requisito de idioma, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 18 de outubro de 2021 (DOG do 8 de novembro de 2021 e BOE do 19 de xaneiro de 2022) convocáronse probas selectivas para cubrir oito prazas na escala auxiliar, con requisito de idioma, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 15 de marzo de 2022 (DOG do 24 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para realizar o primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 20 de marzo de 2024, ás 10.00 horas, na aula 16 da Facultade de Dereito, Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela