DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70848

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (TU2302).

De acordo co disposto na Lei orgánica 3/2022, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario, en diante LOSU, e en virtude do previsto na súa disposición transitoria décimo primeira, no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (BOE do 8 de outubro), en diante RDCA, e ao abeiro do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro da Xunta de Galicia (DOG do 22 de febreiro), conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, tras obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e publicada no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego público do persoal docente e investigador para o ano 2022 (Resolución do 1 de decembro de 2022, DOG do 15), que prevé unha reserva do 15 % de prazas para investigadores de excelencia con acreditación I3/R3.

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolveu convocar a concurso as prazas que figuran no anexo I a esta resolución, que se corresponden con parte da mencionada cota, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOSU, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), en diante LPACAP, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE do 2 de outubro), en diante LRXSP, o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (BOE do 31 de outubro), en diante EBEP, os estatutos da Universidade de Vigo, o Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro universitario o 24 xullo de 2012, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, modificada polo Acordo do Consello de Goberno do 1 de xullo de 2020, e as bases desta convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para poderen ser admitidas a realizar estas probas selectivas, as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados a que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos no EBEP.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente poderán participar as persoas de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter superado os setenta.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberase achegar credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de profesores e profesoras titulares de universidade, conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Quen sexa aspirante de nacionalidade distinta á española deberá acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

h) Estar no marco ou ter rematado o Programa Ramón y Cajal ou o programa de excelencia nacional ou internacional como investigador doutor ou investigadora doutora e dispoñer do certificado I3, tal como se establece nas resolucións do 4 de novembro de 2020 (BOE do 10 de novembro) e do 2 de decembro de 2021 (BOE do 8 de decembro) da Secretaría Xeral de Universidades, nas prazas que se indique no anexo I.

2.2. As persoas aspirantes que teñan recoñecida legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán achegar fotocopia do certificado en vigor que acredite o recoñecemento da discapacidade de que se trate. En caso de precisar algunha adaptación e co obxecto de que se poida garantir a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade e poder adoptar as medidas oportunas, xuntarase á solicitude de participación no concurso un escrito solicitando as adaptacións de tempo e medios correspondentes. Entenderase que os aspirantes a que se refire este parágrafo que non soliciten as adaptacións no momento de presentar a solicitude de participación ao concurso non as precisan ou que renuncian a elas, sen que se poida formular solicitude en ningún outro momento posterior do procedemento.

Á vista das propostas de adaptación efectuadas, a comisión de acceso determinará as medidas de adaptación ás necesidades das persoas con discapacidade que fosen admitidas ao concurso e así o solicitasen.

2.3. De conformidade co artigo 9.4 do RDCA e o artigo 72.2 da LOSU non poderá participar neste concurso quen ocupe unha praza de corpos docentes universitarios nesta ou noutra universidade, obtida mediante concurso de acceso, salvo que se producise o desempeño efectivo desta durante polo menos dous anos.

Terceira. Solicitude telemática

3.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3.2. Para solicitar a súa participación neste concurso, as persoas interesadas deben cubrir previamente, e en todo caso durante o prazo indicado na base 3.1, o formulario que se establecese especificamente para o corpo e praza correspondente, dispoñible na aplicación web a que se accede a través das ligazóns indicadas en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index

3.3.A solicitude xerada a través da inscrición anterior deberá ser presentada, en todo caso durante o prazo indicado na base 3.1, na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), mediante o procedemento específico SPDI-Concurso público profesores/as titulares de universidade. De conformidade co disposto no artigo 16.8 da LPACAP, carecerá de validez e eficacia a presentación de solicitudes e a realización de calquera acto efectuado a través de medios distintos ao indicado no punto anterior.

3.4. Durante o proceso de inscrición ou, na súa falta, durante a presentación da solicitude en sede xuntaranse en formato pdf os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún delas:

a) Copia simple do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Copia simple do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberase xuntar a credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Copia simple dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra d) da base 2.1.

d) Se é o caso, documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra h) da base 2.1.

e) Unicamente no caso de aspirantes que ocupen unha praza de corpos docentes universitarios (funcionarios) e non pertenzan á Universidade de Vigo, certificado orixinal (folla de servizos) da universidade ou organismo de que dependan, que acredite o seu desempeño.

f) Xustificante, se é o caso, da exención parcial ou total de taxas.

3.5. Os dereitos de exame para cada praza (TU2302) serán de 44,17 euros. O pagamento deberase levar a cabo no prazo de presentación de instancias a que se refire a base 3.1. A falta de pagamento dos dereitos de exame en prazo non é emendable e determinará a exclusión definitiva do concurso de quen sexa aspirante, excepto que acredite o pagamento ou a exención da citada taxa.

A liquidación de taxas realizarase a través da aplicación de inscrición, e poderá aboarse o importe correspondente ben en efectivo ou con tarxeta. En efectivo poderase facer unicamente nalgunha das entidades bancarias colaboradoras coa Universidade de Vigo: Abanca, Banco Santander ou CaixaBank. Con tarxeta realizarase a través da aplicación informática, que permitirá seleccionar esta opción, sendo necesario seguir con atención o proceso ata a súa finalización, e comprobar que o pagamento foi realizado correctamente.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria e non estean percibindo prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

De conformidade co disposto na Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, procederá a devolución das taxas de participación cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo, debendo a persoa interesada solicitar a devolución e xuntar os datos necesarios para a transferencia bancaria correspondente. Xa que logo, non procederá a devolución nos supostos de exclusión definitiva por causa imputable á persoa interesada.

3.6. Os erros de feito que se puidesen advertir poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar na súa solicitude, e poderá unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

3.7. A publicación dos actos que integran este procedemento no taboleiro de anuncios da sede electrónica servirá de notificación para todos os efectos, de acordo co previsto no artigo 45.1 da LPACAP.

Con independencia dos lugares en que regulamentariamente se deban publicar, tanto a convocatoria como os actos e acordos que integran este proceso selectivo publicaranse a título divulgativo na páxina electrónica da Universidade de Vigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará resolución en que aprobe a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

4.2. Contra a dita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación perante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Posteriormente ditarase unha resolución reitoral en que se aprobe a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Quinta. Comisións de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. Consonte o que establece o artigo 75.4 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

A Universidade fará públicos, coa publicación da convocatoria, os curriculum vitae dos membros das comisións de acceso na dirección da internet https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index

O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 23 da LRXSP. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos seus respectivos suplentes e, na súa falta, por orde correlativa e, en último caso, resolverá o reitor.

5.2. Agás que haxa pedimento expreso da presidencia e sexa debidamente autorizado, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento a que está adscrita a praza convocada.

5.3. As comisións deberanse constituír no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, de ser o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, fixando o lugar, a data e a hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil de cada praza e faraos públicos no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo e no do lugar onde se vaian realizar as probas, antes do acto de presentación de candidatos e candidatas.

5.4. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia, esta será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.5. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido.

5.6. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliada polo persoal de administración e servizos do departamento a que estea adscrita a praza.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento, a súa actuación axustarase ao disposto na LPACAP e na LRJSP.

5.8. Os concursos realizaranse nas dependencias da Universidade de Vigo, físicas ou virtuais, de acordo co que dispoña a presidencia da correspondente comisión, e poderanse realizar de forma totalmente presencial, totalmente virtual ou nunha modalidade mixta, con participantes presentes fisicamente e outros a través de medios telemáticos remotos. No suposto de empregar os ditos medios telemáticos, quedará reflectida na acta tal circunstancia.

Non obstante o anterior, nos actos de presentación e de celebración da proba a que se refire a base sexta, tanto as persoas concursantes coma os membros das comisións de acceso que pertenzan á Universidade de Vigo deberán acudir e estar presentes na dependencia física da Universidade de Vigo que sinale a presidencia da comisión.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando lugar e hora do acto.

6.2. No acto de presentación, que será público, quen sexa concursante entregará en calquera soporte informático:

a) O seu curriculum vitae, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo III, no cal detallará os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no curriculum vitae, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada. Aqueles exemplares que non puidesen ser achegados en formato electrónico, entregaranse en soporte físico.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas e a comisión fixará e publicará no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo e no centro onde se realice, o lugar, data e hora de comezo da proba, que deberá iniciarse no prazo máximo de dez días hábiles contado desde o día do acto de presentación. As persoas concursantes poderán renunciar por escrito a este prazo. Igualmente, fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concorren.

6.4. As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización do exercicio polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación ou, eventualmente, nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, engadindo á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberase realizar dentro dos cinco días hábiles seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso dos integrantes da comisión aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación. A comisión acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as dúas medidas conxuntamente. Para iso terá en conta, ademais do alegado pola interesada, os dereitos dos demais aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables e as necesidades e intereses da universidade. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, consonte as regras xerais do proceso selectivo.

6.5. A comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados no curriculum vitae por quen sexa aspirante, estean debidamente xustificados, sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.6. Os concursos constarán dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto do concurso.

6.7. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle á presidencia un informe razoado axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas que concorren, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.8. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non obter ningunha candidatura polo menos estes tres votos favorables, o proceso concluirá coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.9. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos, nomeamento e toma de posesión.

7.1. A comisión elevará ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, a relación de todas as persoas que superasen a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propoñer a non provisión da praza xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo e no do centro onde se realice a proba.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de rematar a súa actuación, a secretaria da comisión entregará, no Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo, a documentación completa relativa ás súas actuacións e a documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días hábiles seguintes ao de publicación da proposta da comisión, a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), empregando o procedemento SXER-Instancia xenérica, dirixidos ao Servizo de Persoal Docente e Investigador e con indicación da referencia da praza, os seguintes documentos:

a) Copia simple do documento de identidade, copia electrónica auténtica do título de doutor ou doutora, copia electrónica auténtica da acreditación e copia electrónica auténtica do certificado I3/R3.

b) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos, de acordo co establecido no artigo 56.1.d) do EBEP.

No caso de ser nacional doutro Estado, acreditar non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

d) Certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos dos puntos c) e d); os aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo deberán presentar certificado (folla de servizos) da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos. Os aspirantes que pertenzan á Universidade de Vigo estarán exentos de presentar esta folla de servizos.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como funcionario ou funcionaria docente de carreira das persoas propostas pola comisión nun número que non exceda o de prazas convocadas a concurso, unha vez que acreditasen en prazo a documentación requirida. De non facelo, o reitor procederá ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento do número de rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitiráselle para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle ao Consello de Universidades.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de profesoras e profesores titulares de universidade.

7.7. As referencias ás necesidades e obrigas docentes e ao centro de adscrición que poida ter a convocatoria non suporán dereito de vinculación exclusiva para tal actividade docente e destino para quen teña adxudicada a praza.

Oitava. Comisión de Reclamacións.

8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación perante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo. A reclamación presentarase a través da sede electrónica (https://sede.uvigo.gal), mediante o procedemento SXER-Instancia xenérica, dirixida ao Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo e con indicación da referencia da praza. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Universidade de Vigo. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles para formular alegacións sobre o contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo, que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedementais, e verificará o efectivo respecto, por parte da comisión de selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, e a Comisión de Selección deberá formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución da documentación presentada polas persoas aspirantes

A documentación presentada ao concurso deberá ser retirada do Servizo de Persoal Docente e Investigador, logo de petición da persoa interesada, dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento, ou, de ser o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

As persoas participantes están obrigadas a facilitar aqueles datos e información que a Administración precise para a tramitación e instrución deste procedemento e, en caso de non o facelo, serán excluídas do proceso selectivo.

De conformidade co artigo 13 do Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección de persoas físicas con respecto ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e de garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais que figuren neses documentos serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, co propósito de xestionar a tramitación deste concurso, ao abeiro da LPACAP, da LOSU e dos estatutos da Universidade de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 45 da LPACAP, a Universidade de Vigo está lexitimada para a publicación daqueles datos persoais que fosen precisos atendendo á natureza e finalidade do acto que sexa obxecto de publicación. Non obstante, e co fin de previr riscos da publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicaralle esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

As persoas participantes teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a opoñerse a este tratamento e a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Estes dereitos poderanse exercer a través de calquera dos medios e vías previstos na súa política de protección de datos (dispoñible en https://www.uvigo.gal/proteccion-datos), incluído o envío á súa delegada de protección de datos a través do correo electrónico dpd@uvigo.gal

Así mesmo, se a súa solicitude non é atendida pola Universidade de Vigo, teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Décimo primeira. Norma derradeira

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación desta convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder dos catro meses. Para estes efectos, o mes de agosto considérase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución perante o reitor. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da LPACAP.

Vigo, 15 de decembro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia:

TU2302-C01-410-TU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0410 Fisioloxía

Departamento:

D00c01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Actividade docente e investigadora:

Fisioloxía de organismos mariños

Fisioloxía de animais acuícolas cultivables

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía

Observacións:

estar no marco ou ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional que corresponda, e ter certificado I3/R3

Praza nº 2.

Referencia:

TU2302-C04-220-TU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0220 Ecoloxía

Departamento:

D00c04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora:

Análise e diagnóstico medioambiental

Contaminación mariña

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias

Observacións:

estar no marco ou ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional que corresponda, e ter certificado I3/R3

Praza nº 3.

Referencia:

TU2302-C10-280-TU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0280 Estratigrafía

Departamento:

D00c10 Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio

Actividade docente e investigadora:

Sedimentoloxía

Paleoclimatoloxía e paleoceanografía

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar

Observacións:

estar no marco ou ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional que corresponda, e ter certificado I3/R3

Praza nº 4.

Referencia:

TU2302-C11-755-TU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0755 Química Física

Departamento:

D00c11 Química Física

Actividade docente e investigadora:

Química física I, Química física II, Química física III, Química física IV e Química física V

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias

Observacións:

estar no marco ou ter finalizado o programa Ramón y Cajal, ou o programa de excelencia nacional ou internacional que corresponda, e ter certificado I3/R3

ANEXO II

Comisións de acceso

Praza nº 1 ...: TU2302-C01-410-TU-TC-01.

Área ............: Fisioloxía.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

José Luis Soengas Fernández

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Jesús Manuel Míguez Miramontes

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1ª

Nuria de Pedro Ormeño

Profesora titular de universidade

Universidade Complutense de Madrid

Vogal 2º

Rafael Durán Barbosa

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

José Miguel Cerdá Reverter

Escala de investigadores científicos

CSIC

Comisión suplente

Presidenta

María Jesús Delgado Saavedra

Catedrática de universidade

Universidade Complutense de Madrid

Secretaria

Ana Isabel Valenciano González

Profesora titular de universidade

Universidade Complutense de Madrid

Suplente 1ª

Lilian Rosana Ferreira Faro

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 2ª

Encarnación Capilla Campos

Catedrática de escola universitaria

Universidade de Barcelona

Suplente 3º

Marcos Antonio Lopez Patiño

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 2 ...: TU2302-C04-220-TU-TC-01.

Área ............: Ecoloxía.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Mariano Lastra Valdor

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Castor Muñoz Sobrino

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1ª

María Calviño Cancela

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2ª

María del Carmen Pérez Martínez

Catedrática de universidade

Universidade de Granada

Vogal 3ª

María Flora Alonso Vega

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente/a

Isabel María Pardo Gamundi

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Secretario/a

Celso García García

Catedrático de universidade

Universidade das Illes Balears

Suplente 1º

Sergi Sabater Cortés

Catedrático de universidade

Universidade de Girona

Suplente 2ª

Josefa Garrido González

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3ª

Hermelinda Marina Aboal Sanjurjo

Catedrática de universidade

Universidad de Murcia

Praza nº 3 ...: TU2302-C10-280-TU-TC-01.

Área ............: Estratigrafía.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidenta

María Belén Rubio Armesto

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

María Teresa de Castro Rodríguez

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1ª

María de las Nieves Lorenzo González

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

Javier Martín Chivelet

Catedrático de universidade

Universidade Complutense de Madrid

Vogal 3º

Daniel Rey García

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidenta

Ana María Bernabéu Tello

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

Paula Diz Ferreiro

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

José Borrego Flores

Catedrático de universidade

Universidade de Huelva

Suplente 2º

César Viseras Alarcón

Catedrático de universidade

Universidade de Granada

Suplente 3º

Ramón Gómez Gesteira

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 4 ...: TU2302-C11-755-TU-TC-01.

Área ............: Química Física.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Ricardo Antonio Mosquera Castro

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

Ana María Graña Rodríguez

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Francisco Jesús Rey Losada

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

José Manuel Hermida Ramón

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Marcos Mandado Alonso

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente

Carlos Daniel Bravo Díaz

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

Sonia Losada Barreiro

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1ª

María de los Ángeles Peña Gallego

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 2ª

Inmaculada Prieto Jiménez

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3ª

María Concepción Tojo Suárez

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

ANEXO III

Curriculum vitae

Datos persoais:

− Apelidos e nome.

− NIF.

− Data, localidade e provincia de nacemento.

− Enderezo, localidade e provincia de residencia.

− Teléfono e enderezo electrónico.

− Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

− Data de resolución da habilitación e BOE de publicación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación se a houber.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras: autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do curriculum vitae.