DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70844

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de decembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro de 2021, convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Na base 5.5 da dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da renuncia dun dos seus membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Maruxa Casal Reyes, persoal directivo profesional, nomeada presidenta titular do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a María Elena Meaños Melón, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC, presidenta titular.

Terceiro. Nomear a Carlos Alberto Gómez Otero, funcionario de carreira da escala técnica superior da USC, presidente suplente en substitución de María Elena Meaños Melón.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo mencionado no parágrafo anterior mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela