DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 5 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Ribeira de Piquín (expediente IN407A 2022/131-2).

O 23 de agosto de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada Proxecto para peche de anel 20 kV LMT Fonsagra_1 (SE_Meira) con LMT Meira_2 (SE_Fonsagrada) CT Outariz (CD_260)-CT Vilares (CD_1035), no concello de Ribeira de Piquín.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo ao presente acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Ribeira de Piquín, deducida da que se someteu a información pública no xornal El Progreso do 5 de setembro de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 6 de setembro de 2023, para que comparezan o día 20 de febreiro de 2024 no Concello da Ribeira de Piquín, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Ribeira de Piquín estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, podendo ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (art. 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 5 de decembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto para peche de anel 20 kV LMT Fonsagra_1 (SE_Meira) con
LMT Meira_2 (SE_Fonsagrada) CT Outariz (CD_260)-CT Vilares (CD_1035)

Concello: Ribeira de Piquín.

Expediente: IN407A 2022/131-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m²)

LAT aérea

lonx. (ml)

LAT aérea

sup. (m²)

LAT aérea

ocupac. temporal obras e accesos (m²)

LAT soterrada

sup. ocupación permanente (m²)

1

33

349

Valiñas

Monte alto

González Alonso Elia

334

529

107

Monte baixo

0

2

195

65

2

33

339

Valiñas

Monte alto

García Cancio Amable

69

2.108

9

Monte baixo

1

2

2.039

755

3

33

318

Cortiña

Monte baixo

García Cancio Amable

75

75

4

33

317

Cortiña

Monte baixo

García Cancio Amable

91

91

5

33

729

Cortiña

Monte baixo

García Cancio Amable

112

112

6

33

319

Cortiña

Monte baixo

García Cancio Amable

241

241

7

33

728

Cortiña

Monte baixo

García Cancio Amable

69

69

8

33

727

Cortiña

Monte baixo

García Cancio Amable

10

10

9

33

298

Cortiñoa

Monte baixo

García Cancio Amable

702

702

10

33

299

Cortiñoa

Monte baixo

García López José María

34

34

11

33

295

Cortiñoa

Monte baixo

López López Jesús

2

2

453

453

66

12

38

45

Curtiña

Monte baixo

González Alonso Elia

3

3

868

868

72

14

38

41

Curtiña

Monte alto

Gómez Fernández Carlos

151

151

16

38

42

Curtiña

Monte alto

García López José María

500

500

17

38

38

Curtiña

Monte alto

Gómez Fernández Carlos

5

5

19

38

50

Curtiña

Monte alto

González Alonso Elia

866

866

206

20

38

57

Curtiña

Monte alto

López López Jesús

605

605

132

21

38

10056

Curtiña

Monte alto

Álvarez Fernández María Teresa

583

583

137

22

38

56

Monte alto

Álvarez Fernández María Teresa

48

48

23

37

72

Estivo

Monte alto

Álvarez Fernández María Teresa

4

3

1.093

1.093

49

25

37

74

Estivo

Monte alto

Álvarez Fernández María Teresa

6

3

1.687

1.687

152

27

37

79

Estivo

Monte alto

López López Jesús

92

92

28

36

203

Pando

Monte alto

González Alonso Elia

2.636

2.636

236

29

36

202

Pando

Monte alto

Gómez Fernández Carlos

7

2

3.250

3.250

703

30

36

201

Pando

Monte baixo

García Cancio Amable

301

301

96

33

36

198

Pando

Monte alto

González Vidal María Alicia

1.311

1.311

Monte baixo

9

2

1.899

1.899

93

38

37

145

Trasdosco

Monte baixo

Carrín Fernández Dionisio

4

4

39

37

146

Trasdosco

Monte baixo

Linares Díaz Sixto

54

54

41

37

148

Trasdosco

Monte baixo

Fernández Vidal José

14

10

63

63

48

12