DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, de requirimento da folla de valoración dos bens e dereitos afectados correspondentes ao expediente denominado parque eólico Álabe-Montemaior Norte, no concello de Alfoz (expediente 062-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas o requirimento da folla de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico Álabe-Montemaior Norte, segundo o sinalado no cadro anexo.

Lugo, 12 de decembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 062-EOL.

Denominación do proxecto: parque eólico Álabe Montemaior-Norte.

Concello: Alfoz.

Requirimento de folla de valoración.

Predio

Pol.

Parcela

Propietario

Anotación de correo

Concello

68

94

52-53

Basilio Val Rouco

Ausente de repartición

Alfoz