DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arnoia (expediente IN407A 2023/128-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial José A. Fernández González, colexiado número 1968 do CoitiVigo, e visado polo citado colexio profesional co número 223-1408 o día 20.6.2023.

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L. (B94149515).

Enderezo: polígono Chan da Ponte, 19, 36450, Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Denominación: reforma e ampliación de potencia do CT 160 KVA urbanización Arnoia.

Situación: lugar das Lombas, concello de Arnoia.

Orzamento: 31.104.00 €.

Características técnicas:

• LMT soterrada, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 18/30 kV 3×(1×95 mm2), coa orixe na arqueta existente e final no CT urbanización proxectado.

• CT urbanización As Lombas proxectado, de tipo prefabricado, coas seguintes celas prefabricadas baixo envolvente metálica: dúas celas de protección LMT compactas e unha cela de protección de trafo. Transformador que se vai instalar de 160 kVA de potencia aparente e R/T de 20.000/400 V en substitución do CT aéreo existente, que se retira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 15 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense