DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de novembro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/219-2).

Con data do 5 de xullo de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións previas e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA BCR807 en tramo entre o apoio nº 144 e o nº 177 (Cervantes), no concello de Cervantes.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo ao presente acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes, deducida da que se someteu a información pública no xornal El Progreso do 26 de xullo de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 27 de xullo, para que comparezan o 8 de febreiro de 2024 no Concello de Cervantes, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, nº 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 23 de novembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación
LMTA BCR807 en tramo entre o apoio nº 144 e o nº 177 (Cervantes)

Concello: Cervantes.

Expediente: IN407A 2022/219-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

4

14

156

Estrada

Prado

Herdeiros de Dositeo Gómez Tellado

150 e 151

4.0

8

16

133

Seara

Monte alto

Mariana Araujo

158

2.0

17

132

486

Encima dos prados

Monte baixo

Descoñecido

167

2.0

19

132

509

Prado Santa Xude

Prado

Manuel Antolín Fernández Fernández

169

2.0

20

132

294

Tallo Viña

Monte alto

Manuel Antolín Fernández Fernández

171

2.0

21

132

74

Reboleira

Monte alto

Manuel Antolín Fernández Fernández

173

2.0

22

126

49

Coba

Monte alto

Descoñecido

176

2.0