DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arnoia (expediente IN407A 2023/127-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial José A. Fernández González, colexiado número 1968 do COITIVigo, e visado polo citado colexio profesional co número 223-1406 o día 20.6.2023.

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L. (B94149515).

Domicilio: polígono Chan da Ponte, 19, 36450 Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Denominación: centro de repartición e seccionamento unión LMT existente con LMT Hidrogiesta.

Situación: lugar de Alcouce-Carnós, concello da Arnoia.

Orzamento: 30.775,00 €.

Características técnicas:

– LMT soterrada, a 20 kV, de 25 m de lonxitude, en condutor RHZ1-18/30 kV 3×240 mm² Al, con orixe no paso A/S proxectado no apoio de celosía metálica, do tipo C-20/3000 para intercalar na LMT existente Hidrogiesta e final no CS proxectado.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 25 m de lonxitude, en condutor RHZ1-18/30 kV 3×240 mm² Al, con orixe no CS proxectado e final no paso A/S proxectado no apoio de celosía metálica, do tipo C-20/3000 para intercalar na LMT existente Hidrogiesta.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 25 m de lonxitude, en condutor RHZ1-18/30 kV 3×240 mm² Al, con orixe no CS proxectado e final no paso A/S proxectado no apoio existente, do tipo HV-11/1000, na LMT existente derivación CT Carnós.

– CS proxectado; centro de seccionamento en caseta prefabricada en superficie do tipo CMS con tres celas de manobra compactas SF6 630A 24 kV motorizadas e con relé de protección RCI.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 15 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense