DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69103

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento ditado no procedemento da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (código de procedemento BS306B).

Con data do 1 de febreiro de 2023 publícase, no Diario Oficial de Galicia número 22, a Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (código de procedemento BS306B).

Segundo o artigo 20 da orde de convocatoria, unha vez emitida a resolución de concesión, a data límite para presentar a xustificación é o día 30 de outubro de 2023. No mesmo artigo determínase a documentación necesaria para a xustificación do proxecto.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por ser insuficiente para acreditar o cumprimento dos requisitos para o pagamento da axuda.

De conformidade co artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, «transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste capítulo».

O artigo 46.2 do dito Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, dispón que «cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección».

Así mesmo, o artigo 27.1.j) da Orde do 31 de decembro de 2022 establece que «as persoas beneficiarias das axudas deberán figurar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, non ser persoa debedora, de acordo con resolución declarativa de procedencia de reintegro, e non ter ningunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma. En caso contrario, non se fará o pagamento da axuda».

O artigo 12 da dita Orde do 31 de decembro de 2022 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto administrativo de requirimento ditado polo órgano instrutor con data do 1 de decembro de 2023, no que figura a relación das entidades e grupos beneficiarios requiridos para emendar ou presentar a documentación xustificativa relacionada e exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades e grupos recollidos no anexo de que son requiridos para que no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, presenten a documentación xustificativa relacionada no artigo 20 da Orde do 31 de decembro de 2022 ou emenden os defectos apreciados na xustificación presentada que se especifican no anexo. A falta de presentación ou emenda da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación necesaria para a xustificación, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 54 48 66 e 881 99 91 89.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas (código de procedemento BS306B)

Acto administrativo: requirimento do 1 de decembro de 2023.

Órgano competente: órgano instrutor do procedemento administrativo.

Entidades e documentación requirida:

a) Relación de entidades e documentación requirida:

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2023/016

Asociación Xeración

G70385091

– Anexos VII e IX asinados.

2023/035

Asociación Compostelana de Niñas y Niños Hiperactivos

G70228895

– Totalidade da documentación xustificativa.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/042

Asociación Sociocultural Entropía

G05462312

– Facturas 1, 6, 7, 10 e 11.

– Xustificantes de pagamento das facturas 1, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 18, 19 e 20.

– A factura 20 non ten data.

– Acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito.

2023/051

Asociación Érguete de Prevención e Educación

G36124279

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/052

Asociación Cultural Break Inclán

G70468616

– Anexos VII, VIII e IX asinados.

– Persoal laboral: documentos de cotización á Seguridade Social e documento de ingreso das retencións á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (modelo 111).

– Acreditación da titularidade da tarxeta de crédito/débito.

– Facturas 6 e 7.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/058

Asociación Cultural Jóvenes Científicos e Emprendedores Atlantic

G32407611

– Facturas e demais documentos xustificativos do gasto.

– Documentos xustificativos do pagamento.

2023/059

Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, ELA, Párkinson y otras Enfermedades Neurodegenerativas

G32209983

– Persoal laboral: contrato e partes de traballo asinados pola empresa e a persoa traballadora en que consten as horas dedicadas ao proxecto ou actividade subvencionada, con descrición das tarefas realizadas.

– Xustificante de pagamento da factura 18 e das axudas de custo.

– Anexo X.

2023/063

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

– Persoal laboral: documentos de cotización á Seguridade Social e documento de ingreso das retencións á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (modelo 111).

– Póliza do seguro.

2023/066

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

G70464334

– Reportaxe fotográfica e vídeo ilustrativo das actividades.

– Anexos VII e IX completos.

– Persoal laboral: xustificación dos gastos correspondentes ao mes de outubro e documentos de cotización á Seguridade Social.

– Acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito.

2023/067

Asociación Colectivo Espazo 16

G94155298

– Anexos VII e IX cos importes correctos.

– Anexo VIII asinado.

2023/069

Asociación Sustinea

G32422834

– Totalidade da documentación xustificativa.

2023/070

Asociación Altair Galiza

G27439124

– Anexo VIII.

– Acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito.

– Facturas 8 e 16.

– Xustificantes de pagamento das facturas 6 e 16.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/073

Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil

G36744951

– Anexos VIII e X.

2023/074

Asociación Escolas Familiares Agrarias Piñeiral (EFA Piñeiral)

G15058977

– Anexos asinados correctamente.

– Facturas e demais documentos xustificativos do gasto.

– Documentos xustificativos do pagamento.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/076

Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela

G70521240

– Anexos VII, VIII, IX e X.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/077

Asociación Xuvenil Tir Na Nog

G27383785

– Anexos VII, VIII, IX e X asinados.

– Facturas 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12.

– Xustificantes de pagamento das facturas 1, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12.

2023/078

Cruz Roja Española

Q2866001G

– Anexos VIII e X.

– Xustificante de pagamento da factura 3.

2023/081

Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia

G94079050

– Xustificación dos gastos de desprazamento.

– Acreditación da titularidade das contas bancarias desde as que se realizan os pagamentos.

– Xustificantes de pagamento das facturas 3, 4 e 6.

2023/082

Asociación Ocionautas

G94114022

– Acreditación da titularidade da tarxeta de crédito/débito.

– Factura 6.

– Xustificantes de pagamento das facturas 6, 8, 18 e 19.

2023/085

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Reportaxe fotográfica e vídeo ilustrativo das actividades.

2023/086

Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias

G15411648

– Acreditación da representación.

– Memoria de actividades completa, reportaxe fotográfica e vídeo ilustrativo.

– Xustificante de pagamento da factura 6.

2023/087

Asociación Recreativa e Cultural Marexada

G36980605

– Memoria de actividades, reportaxe fotográfica e vídeo ilustrativo.

2023/088

Asociación Clean Energy Ship Uvigo

G09819533

– Acreditación da titularidade da tarxeta de crédito/débito.

– Xustificantes de pagamento das facturas 15, 16 e 37.

2023/090

Asociación Nós Mesmas

G27718907

– Memoria de actividades.

– Xustificantes de pagamento das facturas 2 e 3.

– Persoal laboral: documentos de cotización á Seguridade Social.

2023/103

Asociación Musical Cultura Tirante

G94081809

– Anexos VII, VIII e IX asinados.

2023/106

Asociación Xurés Xoven

G06813703

– Memoria de actividades, reportaxe fotográfica e vídeo ilustrativo.

– Factura 11 e xustificante de pagamento.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/107

Asociación Cultural Pesquedellas

G42985846

– Anexo VIII.

– Factura 5.

2023/109

Asociación Xuvenil Galiza Nova

G15221252

– Xustificantes de pagamento das facturas 1, 2, 3, 4 e 6.

2023/112

Asociación Grupo Scout ILEX

G32466187

– Anexos VII, VIII e IX.

– Facturas e demais documentos xustificativos do gasto.

– Documentos xustificativos do pagamento.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/113

Asociación Noia Limpa

G44662880

– Documentos xustificativos dos gastos de desprazamento.

– Xustificante de pagamento da factura 1 do anexo VII.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/114

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

– Persoal laboral: contrato, partes de traballo, documentos de cotización á Seguridade Social e documento de ingreso das retencións á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (modelo 111).

b) Relación de grupos informais e documentación requirida:

Nº exp.

Solicitante

Representante

NIF

Documentación requirida

2023/056

Grupo Informal AiVídeo

Elena Rey García

***0137**

– Anexos VII e IX.

– Factura 71.

– Documentos xustificativos do pagamento.

– Acreditación da titularidade da tarxeta de crédito/débito.

– Certificado de que Jaime José Regueiro Rodríguez está ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2023/057

Grupo Informal Mocidade Activa para o Fomento da Inclusión

Andrés Vilas Villamarín

***5937**

– Anexo VIII de Paula Rivera González.

– Anexo IX asinado.

– Exemplar da publicación financiada a través da axuda.

– Acreditación da titularidade das contas bancarias desde as que se realizan os pagamentos e da tarxeta de crédito/débito.

2023/092

Grupo Informal As Segundas

Rocío López López

***0415**

– Acreditación da titularidade das contas bancarias desde as que se realizan os pagamentos.

– Xustificantes de peaxe nas axudas de custo 14 e 15.

– Xustificante de pagamento da factura 25.

2023/099

Grupo Informal Barullo

Jorge Moral Vidal

***3578**

– Totalidade da documentación xustificativa.

2023/101

Grupo Informal Alquitrán

Ana Rodríguez-Corredoyra Bouza

***0706**

– Totalidade da documentación xustificativa.

2023/102

Grupo Informal Grupo 12

Gabriel Labrada

Fernández

***9041**

– Anexo VIII: un por cada persoa membro do grupo informal.

2023/104

Grupo Informal La 10 Producciones

Alejandro Vargas Vizoso

***7411**

– Totalidade da documentación xustificativa.

2023/108

Grupo Informal 7 menos 2

Alma Varga Vizoso

***3594**

– Totalidade da documentación xustificativa.

Presentación de documentación e efectos:

Unha vez publicada a resolución de concesión da axuda, a entidade ou grupo informal beneficiario procederá, ata o 30 de outubro de 2023, á xustificación da totalidade do proxecto mediante a presentación da seguinte documentación e na forma en que se indica nos artigos 20 e seguintes da orde de convocatoria.

Todas as entidades e grupos relacionados no requirimento deberán presentar e/ou emendar a documentación xustificativa indicada no prazo de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A falta de presentación ou emenda da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.