DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69109

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 11 de decembro de 2023 pola que se realiza a ampliación de crédito da Orde do 3 de xaneiro de 2023 pola que se establecen, para o período 2023-2025, as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (procedemento TR302A).

A Orde do 3 de xaneiro de 2023, publicada no DOG número 27, do 8 de febreiro, estableceu as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución, para o período 2023-2025, das accións formativas do Plan de formación para o emprego, xestionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e dirixidas ás persoas traballadoras ocupadas.

A súa finalidade consiste no financiamento de programas de formación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas. Estes programas estarán dirixidos á adquisición e mellora de competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas que teñan os seus centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, ás necesidades de adaptación aos cambios operados no posto de traballo e ás aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desenvolvemento cualificado da profesión e lles permita mellorar a súa empregabilidade.

Mediante a Resolución do 30 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, publicada no DOG número 131, do 11 de xullo, redistribuíronse os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 3 de xaneiro de 2023 entre as distintas aplicacións orzamentarias, co fin de adecuar a súa distribución en función das entidades que resultaron beneficiarias da subvención.

O segundo parágrafo do artigo 45.3 da Orde do 3 de xaneiro de 2023 establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Dado o elevado volume de solicitudes presentadas e resoltas e tendo en conta a existencia de dispoñibilidade de crédito, cómpre ampliar, con crédito incorporado e coa finalidade de incrementar a oferta de accións formativas, o importe dos créditos destinados á primeira convocatoria de subvencións para o financiamento das accións formativas do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2023 e 2024.

Consecuentemente con todo o anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG núm. 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Amplíase, ao abeiro do disposto na Orde do 3 de xaneiro de 2023, o importe total dos créditos destinados á primeira convocatoria de subvencións para o financiamento das accións formativas do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2023 e 2024, nas contías e con créditos procedentes dunha incorporación de fondos finalistas nas aplicacións e proxectos que a seguir se relacionan:

Crédito

Aplicación

Proxecto

Importe

Importes totais

2023

2024

Inicial

segundo a redistribución da Resolución do 30 de xuño de 2023

11.50.323B.471.0

2013 00493

3.458.662,87 €

3.107.167,27 €

6.565.830,14 €

11.50.323B.481.0

313.671,13 €

892.832,73 €

1.206.503,86 €

Crédito inicial

3.772.334,00 €

4.000.000,00 €

7.772.334,00 €

Ampliación

11.50.323B.471.0

2013 00493

899.044,35 €

689.954,40 €

1.588.998,75 €

11.50.323B.481.0

64.349,87 €

64.254,52 €

128.604,39 €

Ampliación de crédito

963.394,22 €

754.208,92 €

1.717.603,14 €

Crédito total (inicial + ampliación)

4.735.728,22 €

4.754.208,92 €

9.489.937,14 €

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade